O comité de empresa de Urbanos de Ourense reclama a actualización dos salarios nos pregos de condicións do concurso

Autobús Urbano de Ourense en Juan XXIII
Autobús Urbano de Ourense en Juan XXIII

O comité de Urbanos de Ourense, compañía adxudicataria do transporte público, reclámalle ao Concello que proceda a calcular de novo o custe salarial do servizo para incorporalo nos pregos de condicións do concurso, unha vez que o Tribunal de Contratación Pública (TCP) vén de obrigar o Goberno local a modificar o documento, polo que as empresas deberán achegar outra vez as súas ofertas para optar á concesión.

A resolución do TCP responde ás impugnacións feitas por dúas compañías a respecto do pregos de contratación do servizo público de transporte urbano do Concello do Ourense, obrigando á Administración municipal a modificar os pregos nalgúns dos seus puntos, polo que as empresas deberán presentar ofertas de novo.

Diante disto, a representación do cadro de persoal solicítallo ao Goberno local que teña en conta que o convenio colectivo está caducado e calcule e volva calcular o custo salarial das persoas traballadores desta concesión pública, “xa que os anteriores pregos baseábanse en salarios correspondentes ao ano 2023, ao mesmo tempo que se estaba negociando un novo convenio”.

Dende o comité tamén demandan que se garanta a totalidade dos postos de traballo (persoal condutor, mecánico, de oficina), así como a aplicación do convenio colectivo da empresa fronte a unha posíbel inaplicación do convenio e o paso ao convenio sectorial.

Ao mesmo tempo, instan a dirección de Urbanos de Ourense a aproveitar a paralización do proceso para retomar a negociación do convenio. E advirten que tanto o comité como a maioría do persoal traballador “non permitiremos unha rebaixa nas nosas condicións laborais, económicas nin sociais”.

Finalmente, agardan que tanto o Concello de Ourense como a empresa Urbanos de Ourense “tomen nota” do acontecido e traballen para que o cadro de persoal persoal acade un convenio colectivo “en condicións”.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad