O BNG rexistrou unha enmenda aos orzamentos do INORDE para destinar 608.220 euros á dinamización económica e social da provincia

BNG
BNG

O deputado provincial do BNG de Ourense, Xosé Manuel Puga, rexistrou unha enmenda aos orzamentos do INORDE, que serán debatidos na sesión do mércores 13 de novembro. A proposta dos nacionalistas busca desviar 608.220 euros da actual proposta orzamentaria deste organismo provincial, dependente da Deputación de Ourense, co fin de financiar investimentos e colaboracións con entidades públicas e privadas que fagan actividades de dinamización económica e social na provincia.

Puga explicou que esta medida ten como obxectivo mellorar a incidencia do INORDE no desenvolvemento económico e social da provincia, tal e como se establece nos estatutos do propio organismo. A enmenda contempla a redistribución dos fondos, detraendo importes dos catro capítulos do orzamento do INORDE para crear unha nova partida destinada á dinamización.

O grupo nacionalista tamén manifestou a súa sorpresa pola falta da documentación completa sobre o estado de execución do orzamento, fundamental para avaliar o cumprimento das previsións do ano pasado.

Pin It on Pinterest

Logo Ourense
Logo Ourense
BNG
Sonia Vidal BNG
Concello de Celanova
BNG
BNG
Noa Presas
Laura Pérez do BNG
undefined
Chistes de gimnasio con Leiras Lucas Xose 2024
Ourense punto com gris
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad