O BNG reclama medidas urxentes para A Limia ante a inacción da Xunta e a declaración de Zona Vulnerable por Nitratos

BNG
BNG

 Bernardo Varela portavoz do grupo provincial do BNG de Ourense xunto a  María Mangana e Xosé Manuel Puga deputados provinciais do BNG na deputación de Ourense compareceron en rolda de prensa para dar a coñecer a proposta de acordo coa o BNG pretende facer fronte á situación crítica da comarca da Limia tras a inminente declaración como Zona Vulnerábel por Nitratos (ZVN), unha mediada que afecta gravemente ao sector agrario e gandeiro da zona.

Desde o BNG esixen que a Xunta de Galiza dea a coñecer de inmediato o contido completo do Plan Estratéxico da Limia, elaborado xa en 2021, así como as medidas contempladas nel. Tamén demandan os nacionalistas que o ente provincial ofreza a colaboración do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, dependente da Deputación para coordinar analíticas, controis e seguimento; así como ofrecer asesoramento técnico ás explotacións gandeiras e agrarias da comarca á respecto das medidas que estableza o Plan de Acción correspondente.

O portavoz provincial do BNG tamén trasladou que se proporá unha comisión de seguimento entre a Deputación Provincial, Xunta de Galiza, concellos,  IXP Pataca de Galicia, Sindicatos Agrarios e asociación de empresarias/os da Limia, para a redacción do Plan de Acción e o seu desenvolvemento nos seguintes 4 anos.

 E por último o BNG demandará instar á Xunta de Galiza ao establecemento de medidas de apoio económico,a través das axudas da Consellaría do Medio Rural para plans de mellora de explotacións agrarias, que incorporen investimentos precisos para adoptar os requisitos ambientais precisos para a redución de emisión de nitratos a acuíferos .

O portavoz provincial do BNG, Bernardo Varela, denunciou a falta de transparencia e a inacción da Xunta de Galiza neste asunto: «décadas de advertencias e estudos foron ignoradas pola Xunta, e chegamos a este punto pola absoluta deixadez do PP na Xunta». Para o BNG tamén quedan moitas cuestións sen resolver, sinalaba Varela, como que organismos oficiais foron os encargados de realizar as analíticas?; como que estamos baseándonos en analíticas feitas entre 2016 e 2019, porén que resultados temos entre os 2019 e 2023?; cal é o papel de Augas de Galiza?;  Por que a Xunta agardou 3 anos, sabendo que as tiñan que declarar.?; Por que non se presentou o Plan Estratéxico da Limia nestes 4 anos?

Varela criticou que o goberno galego non tomase medidas preventivas malia ter a obriga de actuar con antelación: «É inadmisible que a Xunta soubese desde hai anos que a Limia estaba en risco de ser declarada ZVN e que, en vez de actuar, simplemente agardase que o tempo resolvese o problema. Pero o tempo non arranxa nada, e agora chegan as consecuencias».

Varela lembrou que no pleno de outubro do ano 2022 da Deputación de Ourense o grupo provincial do BNG presentamos unha «moción para a adopción de medidas urxentes ante o problema de contaminación nas comarcas da Limia e a ameaza de declaración das mesmas como zona vulnerable».  Moción na que se advertía do inminente risco declaración de ZVN se non se actuaba de forma urxente. Moción pola que se rematou adoptando de xeito unánime tres acordos: en primeiro lugar, reclamar da Xunta de Galiza que a través da Consellería do Medio Rural fixese público con carácter inmediato o «Plan Estratéxico do Sector Agrario da Limia» xa  rematado en novembro do ano 2021, e que se implementasen con carácter inmediato os fondos necesarios para comezar a executar as súas determinacións neste mesmo ano 2022. En segundo lugar acordábase reclamar da Confederación Hidrográfica Miño-Sil que como organismo da Conca do Río Limia emprendese as accións conducentes a minimizar a contaminación das augas e a mellora e optimización dos sistemas de regadío. E en terceiro lugar, instábase da  Xunta de Galiza que fixese público e en que estado se atopaba o expediente de declaración da Limia como «Zona Vulnerable por Nitratos» e que medidas tiña tomado ata ese instante para evitar esa declaración, se é que efectivamente tiña tomado algunha.

O BNG considera que a falta de planificación e xestión está a xerar inquedanza no sector, que se enfronta a un posible aumento de custos de produción, novas obrigas burocráticas e posibles perdas económicas. Ademais, advirte de que as propostas da Xunta, como a creación de plantas de biometano, non solucionan o problema real da contaminación das augas por nitratos.

«A Xunta pretende vendernos que esta declaración non terá consecuencias, pero é completamente falso. O sector agrario da Limia está en risco e desde o BNG non imos permitir que a Xunta siga agochándose sen asumir responsabilidades», concluíu Varela.

Desde o Grupo Provincial do BNG insisten en que a Deputación de Ourense, aínda que cunhas competencias limitadas, pode xogar un papel clave promovendo medidas que melloren a situación ambiental e permitan garantir o futuro do sector produtivo da Limia.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad