O BNG pide un cambio de modelo na xestión de residuos desde a Deputación de Ourense

BNG
BNG

O voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, xunto aos deputados María Mangana e Xosé Manuel Puga, compareceu en rolda de prensa para presentar unha moción sobre a problemática da xestión de residuos en Galiza, centrada no novo canon de SOGAMA. O BNG denuncia dous problemas principais: a suba da taxa do lixo ata un 100%, que afectará á veciñanza a través da Deputación de Ourense, e o modelo de xestión de residuos de SOGAMA, que prioriza a incineración e o soterramento, incumprindo os obxectivos da Unión Europea en reciclaxe.

Segundo as cifras, en Galiza só se recicla o 20% do lixo, mentres que o 80% é incinerado ou soterrado. Isto non só implica consecuencias ambientais, senón tamén económicas, coa imposición de penalizacións a través de normativa europea. Ademais, o BNG alerta que os concellos atopan dificultades para calcular con precisión as súas Ordenanzas Fiscais de residuos para o vindeiro ano, debido á falta de información clara sobre o incremento do canon.

O BNG esixe que a Xunta de Galiza aclare o canon por tonelada de residuos para o ano 2025, para que os concellos poidan planificar con seguridade. O partido tamén demanda que o incremento do canon non supere o 20% respecto ao 2023, sempre que os concellos implementen sistemas de recuperación da fracción orgánica.

Por outro lado, o BNG propón a creación dunha mesa de traballo entre a Xunta, a FEGAMP e a Consellería de Medio Ambiente para establecer un marco económico estable na xestión dos residuos. Tamén instan a promover campañas de concienciación en Ourense sobre a redución, reutilización e reciclaxe, xunto coa creación dun servizo de inspección e sanción.

Finalmente, o BNG demandará no pleno do 25 de outubro a creación dun “Fondo específico de axudas á mellora da sustentabilidade da xestión de residuos en Galiza”, que inclúa correccións para favorecer aos concellos que melloraron a súa xestión de residuos nos últimos anos, e que tamén teña en conta a situación particular da provincia de Ourense.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad