O BNG pide a mellora urxente das infraestruturas viarias da comarca de Valdeorras

BNG
BNG

O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, a alcaldesa da Rúa, María Albert e o deputado no parlamento de Galiza, Secundino Fernández, xunto a representantes institucionais do BNG da comarca de Valdeorras compareceron ante os medios de comunicación para dar conta da demanda da mellora das infraestruturas viarias da comarca de Valdeorras que veñen de trasladar á Deputación para o seu debate no vindeiro pleno do mes de xullo.

A alcaldesa da Rúa, María Albert, sinalou que o BNG leva demostrando un compromiso ao longo das décadas coas comunicacións da Comarca de Valdeorras e das súas infraestruturas, independentemente de quen gobernase nas diferentes administracións.

Desde o BNG demandan unha mellora das principais infraestruturas viarias que a ollos dos nacionalistas está pexando o desenvolvemento da comarca Valdeorresa, no concreto,  demanda a intervención de diversas institucións sobre a N-120, a A-76, a OU-0807 de Vilamartín e a OU-533.

«A pesar do seu dinamismo económico e de ser a segunda comarca máis poboada de Ourense, esta comarca perdeu preto de 2000 habitantes en apenas 10 anos.» sinalou Varela. O illamento nas comunicacións ten sido un lastre importante no despegue económico e social das terras de Valdeorras, sinalou o voceiro nacionalista,  xa que boa parte dos motores económicos dependen en boa medida  da capacidade de desprazamento  viario de mercadorías e bens de consumo.

 Na comarca valdeorresa danse problemas endémicos nas comunicación tanto dentro da comarca de Valdeorras, como cara o resto das comarcas galegas e mesmo nas comunicacións viarias cara o resto da península.  E aínda que as deficiencias en infraestruturas viarias son moitas e variadas deciden centrarase nas máis graves.

Así na moción que o grupo provincial do BNG traslada ao pleno do día 24 de xullo demanda,  en primiro lugar esixir  da Xunta de Galiza que a contratación das obras para o arranxo da OU-533 se faga na maior brevidade posible, a ser posible antes do remate de 2024 e que se inclúa unha partida nos orzamentos de 2025 para acometer o proxecto de acondicionamento da estrada OU-533. Tal como se acordou no parlamento galgo a semana pasada por unha iniciativa do BNG.

O Deputado Secundino Fernández no Parlamento de Galiza declaraba no transcurso da rolda de prensa que tras diversas enmendas aos orzamentos de todos os anos e que tras dar sistematicamente lagas a este proxecto, o BNG acadaba por fin un compromiso para comprometer uns prazos para a intervención na OU-533, aos que estaremos moi atentos e vixiantes.

En segundo demandan os nacionalistas unha serie de reformas na N-120 que «chegou ao límite tolerábel do mal estado» afirmaba Varela. Levar a cabo unha mellora integral do firme da N-120 no tramo entre A Barosa e Ourense e nomeadamente na comarca de Valdeorras. Facer os traballos precisos de limpeza de biomasa nos noiros da N-120, priorizando os núcleos habitados, para cumprir cos requisitos de limpeza de fincas recollidos na lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza. Facer un estudo pormenorizado dos principais puntos negros da estrada no referido aos choques con fauna salvaxe e realizar peches perimetrais neses puntos para diminuír drasticamente o acceso de animais á N-120. Executar sen demora o acceso á Rúa desde a N-120 e o acceso a Vilamartín. Destinar os fondos precisos dentro dos Orzamentos Xerais do Estado de 2025 para realizar todas estas actuacións.

Os nacionalistas tamén instan ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentábel e ao goberno do Estado a por en marcha e sen máis demoras o orzamento preciso para a execución da A-76.

E dentro das competencias propiamente ditas da deputación o BNG demanda do pleno da corporación provincial de Ourense insta ao goberno provincial desta  Deputación a dispor os medios e os fondos para o arranxo do acceso a San Vicente a través da OU-0807 en Vilamartín de Valdeorras.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad