O BNG esixe un CAPD público para Ourense tras a decisión do PP de desbotar a proposta

Xosé Manuel Puga
Xosé Manuel Puga

O grupo provincial do BNG manifestou a súa contundente oposición á decisión do Partido Popular de deixar a Ourense sen un Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) público e de xestión directa, como esixe desde 2016 a Plataforma ProCAPD Ourense. A organización nacionalista considera que esta decisión representa unha nova traizón á provincia por parte da Xunta de Galicia.

O deputado provincial do BNG, Xosé Manuel Puga, criticou duramente ao PP durante unha rolda de prensa, afirmando que a decisión xa estaba tomada desde hai tempo. “É dunha baixa catadura moral apoiar unha moción conxunta sabendo que o resultado sería unha traizón á cidadanía de Ourense”, afirmou. Segundo Puga, o comportamento do Partido Popular amosa unha falta de respecto cara ás familias e á plataforma que loita por un servizo equiparable ao doutras provincias galegas.

O pleno da Deputación de Ourense aprobara por unanimidade hai menos dunha semana a creación deste centro público e de xestión directa. Con todo, a decisión da Consellería de Política Social de desbotar esta opción xerou indignación entre os colectivos afectados e os representantes nacionalistas. Puga preguntouse cal é o papel do Partido Popular de Ourense neste asunto e por que a provincia non pode contar cun CAPD en condicións similares aos de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

O BNG reiterou o seu apoio total ás demandas da Plataforma ProCAPD e comprometeuse a colaborar coas familias para reverter a decisión da Xunta. “Seguimos coa mesma posición que defendemos durante anos: un CAPD público e de xestión directa, igual que nas outras provincias galegas”, concluíu Puga, deixando claro que non cesarán na súa reivindicación.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad