O BNG do Carballiño pide adaptar a licitación da auga á nova directiva europea

Concello de O Carballiño
Concello de O Carballiño

O BNG do Carballiño ven de solicitar que o proceso de licitación do servizo do ciclo integral da auga do Carballiño que terá de ser contratado se revise para adaptalo á nova directiva europea que será de obrigado cumprimento desde 2027.

«O actual prego de condición non contempla as medidas recollidas na directiva  (EU) 2024/3019 do parlamento europeo e o consello sobre o tratamento das augas residuais e urbanas» sinalaron desde a organización nacionalista,

Nestes intres a contratación do servizo do ciclo integral da auga do Carballiño aínda se atopa en fase de concorrencia e de non acometerse neste momento esta actualización normativa, suporá que en dous anos este concello teña que asumir un gasto maior en refacer e adaptar as súas infraestruturas a este nova normativa.

A actual normativa data do ano 91 e foi brevemente actualizada no ano 95. A nova normativa implica requirimentos más estritos sobre o tratamento das augas residuais para protexer o medio ambiente a saúde publica; novos obxectivos de reciclaxe, maiores medias de control e establece criterios para que os sistemas de tratamento se manteñan actualizados, enfeitizando a necesidade de investimentos en infraestruturas para mellorar a eficacia no tratamento das augas residuais e tamén a eficiencia enerxética na EDAR e na estación de bombeo.

O concello arriscase a ter que dotar partidas orzamentarias de importancia por obriga legal dentro de dous anos se non paraliza a actual licitación e actualiza o prego cde condicións do ciclo da auga, con 20 de concesión, para adaptalo a unha nova normativa que procura mellorar a xestión das augas residuais, protexer os recursos hídricos, reducir a contaminación e que será de obrigado cumprimento para a vila do Carballiño.

O BNG do Carballiño remarca que é mellor un pequeno retraso nesta fase procidimental que un grande desembolso económico  e un maior prazo en cousa de dous anos.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad