O BNG demanda paralización dos novos proxectos mineiros das comarcas da Limia e de Monterrei

BNG
BNG

Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial; María Manga e Xosé Manuel Puga deputados do BNG na  Deputación de Ourense compareceron ante os medios de comunicación para dar conta da oposición do BNG ao proxectos mineiros Novo Arboim, en concello de Oimbra; Novo Frixo que abrangue os concellos de Laza, Sarreaus e Cualedro e Novo Cima sitado entre Verín e Vilardevós

 As nacionalistas solicitan o acordo do pleno da deputación de Ourense para instar á dirección xeral de planificación enerxética e Minas e á Xunta de Galiza a que proceda ao rexeitamento da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación dos citados proxectos.

O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, sinalou que se proporá ao pleno da Deputación demandar da Xunta  actualizar a Lei Galega de Minaría garantido a seguridade xurídica, transparencia e participación pública na toma de decisións, así como a recuperación  da xestión pública do Catastro Mineiro de Galiza.  «Estamos ante novos casos de que evidencia que compre levar a cabo a revisión e o desenvolvemento normativo da Lei de Ordenación da minaría de Galiza  para reorientar o sector nun modelo que supere a subordinación a intereses alleos. «

Estes proxectos pretenden facer traballos de investigación para localizar posibles xacementos  de Litio, Estaño, Volframio, e Tantalo na zona aínda que principalmente Litio, sinalaba Varela. «Estes proxectos xa deron lugar a unha importante alarma social e un  importante rexeitamento veciñal, que se manifestou nun gran número de alegacións presentadas aos proxectos como a iniciativas insitucionais respaldadas por todas as organizacións políticas dos concellos, como foron declaracións institucionais nos concellos de Sarreaus ou Cualedro» .

Dos documentos a exposición pública desprendese o seu carácter especulativo e unha inconcreción das labores a realizar, como a non programación da campaña de sondaxe; nin a escolma de aquelas afeccións que podrían ter tanto por realizarse preto de núcleos como preto de patrimonio arqueolóxico, camiños, e mesmo con afeccións a posibles mananciais de auga.

Os documentos tampouco cumpren co disposto no real disposto no Real Decreto 975/2009,  de 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado polas actividades mineiras, onde no artigo 4, se indica o contido do mesmo. Sinalándose a falta das medidas previstas para a rehabilitación dos servizos e instalacións anexos á investigación e explotación dos recursos minerais. Así como outras eivas, como  as referidas ao Outras eivas teñen relación coas definicións dos residuos xerados. Pois ben, indícase que se usarán elementos químicos, sen especificar, que de ser utilizados nas sondaxes, xa non cumpriría coa normativa vixente, e polo tanto, xa non serían residuos inertes. Cumpriría, polo tanto, clarificar este punto cunha análise detallada dos produtos químicos a utilizar, cuestión que foi obviada.

 Por estes motivos o grupo nacionalista na Deputación tamén demanda que se dé traslado á Deputación Provincial de Ourense para a súa análise polos técnicos e grupos políticos, da documentación que obre no expediente administrativo que deu lugar á publicación no DOG do 10 de xuño de 2024 dos tres acordos do 9 de abril de 2024, polos que se sometía a información pública a solicitude do permiso de investigación de tres proxectos mineiros. E que a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galiza permita o acceso a esta institución, aos informes sectoriais e a toda a documentación que se incorpore ao expediente   administrativo referenciado, logo do trámite de información pública.

  Todo isto ven a amosar que a Lei de Minaría de Galiza está moi orientada a favorecer a os intereses das grandes empresas mineiras e subordinada a eses intereses e é preciso harmonizar a actividade da minaría tendo criterios de responsabilidade, eficiencia e defensa social e ambiental.

 «O licito aproveitamento mineral que existe no País, ten que estar sempre supeditado a un respecto medioambiental e socioeconómico da súa contorna» sentenciou o voceiro nacionalista do grupo provincial de Ourense.

Varela sinalaba a modo de exemplo a noticia da que se tivo coñecemento esta semana, pola que unha concesión que a Xunta de Galiza fixo dunha mina de fel de espato no concello de Muras foi finalmente rexeitada polo tribunal superior de Xustiza de Galiza porque non se fixeron as cousas debidamente o  que evidencia que a Lei de Minaría está fallando. 

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad