
Ernesta Seoane, portavoz do grupo municipal do BNG de Celanova, no pleno municipal do BNG do día 27 de marzo acadou por unanimidade a aprobación da solicitude do BNG ao pleno para demandar a mellora do transporte público das comarcas de Celanova e Baixa Limia, co aumento de frecuencias con Ourense e a creación de novos servizos os días festivos. Todos os grupos estiveron a favor da proposta nacionalista, e Celanova Decide, o Partido Socialista e o Partido Popular apoiaron a portavoz municipal do BNG de Celanova.
En canto á mellora da organización da romaría Raigame, o grupo nacionalista solicitou reducir o uso de plásticos, especialmente na cuberta dos postos, e empregar materiais máis axeitados. Na moción do BNG tamén se propoñía negociar coas empresas de transporte público para crear unha combinación desde Ourense ata a romaría, con ida e volta, evitando así a dependencia dos coches particulares, especialmente no caso da mocidade, sinalou Ernesta Seoane. Ademais, demandouse potenciar o uso do idioma propio de Galiza, o galego.
O BNG acadou o apoio de Celanova Decide e do PSOE; porén, o Partido Popular non respaldou a proposta, unha negativa que xerou división no seu propio grupo, xa que todos os seus concelleiros votaron en contra salvo un, que se abstivo na votación.
«O PP de Celanova votou en contra de que a lingua galega figure nas normas da romaría Raigame, precisamente no Día das Letras Galegas», afirmou Ernesta Seoane. Engadiu que, ao igual que nas normas de selección se esixe que os artesáns se caractericen de época, bótase en falta unha referencia á lingua, como a inclusión do galego nas normas ou que os rótulos dos establecementos participantes estean no noso idioma por coherencia e por orgullo do noso patrimonio, que debemos coidar e transmitir.