O balneario de Arnoia acollerá a próxima semana o Programa Respiro da Deputación, para persoas maiores afectadas pola DINA

Diputación de Ourense
Diputación de Ourense

O balneario de Arnoia acollerá a partir desta semana a 50 maiores de Massanasa, un dos municipios valencianos máis afectados pola DINA, no marco do proxecto pioneiro que impulsa a Deputación de Ourense, Programa Respiro, que facilitará a desconexión e os tratamentos terapéuticos en balnearios ourensáns para as persoas afectadas polo desastre, proporcionándolle o acceso a experiencias termais completas a fin de paliar no posible as consecuencias da DINA na súa saúde física e mental. Os beneficiarios chegarán a partir de mañá, luns, a última hora da xornada.

O Programa Respiro desenvolverase a do 10 ao 16 de marzo cos veciños de Massanasa, entidade local pertencente á Red Española de Ciudades Saludables (RECS) e de Villas Termales, ambas, seccións da FEMP, ás que tamén pertence a institución ourensá. Neste contexto propúxose a posta en marcha do proxecto de respiro termal para afectados pola DINA.

Programa para a mellora da saúde emocional

O programa ten carácter gratuíto para as persoas beneficiarias, financiado ao completo pola Deputación, que facilitará a estes un «período de respiro y desconexión» no balneario, en réxime de pensión completa, con consulta médica inicial de carácter voluntario, 10 técnicas termais, actividades para a mellora da saúde emocional e incluíndo tamén o desprazamento en AVE desde Valencia á estación de Ourense, así como os traslados ao balneario.

O departamento de Servicios Sociais do Ayuntament de Massanassa asignou 50 prazas a aquelas persoas que, baixo criterios técnicos, consideraron como idóneas para participar no proxecto. 

En función da avaliación dos resultados obtidos (duración do período de respiro, contido das actividades de apoio emocional..), así como do grao de satisfacción mostrado polas persoas participantes e polo Ayuntament de Massanassa, estudarase no seo da FEMP unha metodoloxía aberta a outras entidades locais como membros de Vilas Termais e a outros municipios da Comunidade Valenciana afectados pola DINA como membros da RECS.

Compromiso da institución ourensá

O 22 de novembro do pasado 2024, no marco do Congreso Internacional de Termalismo de Archena, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, anunciaba o compromiso da institucional provincial de poñer en marcha no primeiro trimestre de 2025 unha iniciativa solidaria, un programa específico de respiro e desconexión apoiada nos balnearios da provincia e no termalismo ourensán. O obxectivo era que os beneficiarios fosen persoas maiores da Comunidade Valenciana residentes en municipios afectados pola DINA.

Baseándose na experiencia acumulada na última década na xestión de diferentes fórmulas de intervención social, a través da utilización dos balnearios, a administración provincial propuxo á FEMP colaborar na posta en marcha desta iniciativa termal. Neste sentido, Luis Menor propuxo o programa Respiro á presidenta da FEMP, María José García-Pelayo Jurado, obtendo o respaldo da máxima representante do municipalismo español, que manifestou o seu interese por coñecer os resultados do proxecto.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad