
Desde a chegada de Gonzalo Pérez Jácome á Alcaldía de Ourense, as entidades sociais e veciñais atopan moitas dificultade para ser escoitadas polo executivo municipal. Así o denuncia a voceira do PSdeG no concello, Natalia González Benéitez, quen destaca o illamento que sofren especialmente os barrios do rural ourensan, como e o caso das Curuxeiras, malia contribuíren cos mesmos impostos que o centro urbano.
O socialistas sinalan a precariedade dos servizos públicos nesta zona, e a falta de resposta as peticións veciñais básicas, cualificando a actitude de Jácome como unha mostra de «falta de vontade política». Entre as reinvindicacions dos veciños están os arranxos urxentes nas infraestruturas viarias, solucións reais para o deficiente subministro eléctrico e melloras nas instalacións deportivas, particularmente uns vestiarios vandalizados e inservibles.
Tralas súas visitas ao barrio, os socialistas agradecen o labor da AVV As Laxas e reclaman actuacións definitivas e dignas para un enclave con grande potencial a un paso da ciudade de Ourense.