Natalia González Benéitez encabezará a delegación de Ourense no Congreso do PSdeG

PSOE de Ourense
PSOE de Ourense

A Comisión Executiva Municipal dos e das socialistas da cidade ratificou a lista de delegados e delegadas que representarán a Ourense no XV Congreso Nacional do PSdeG que terá lugar o 8 e 9 de marzo en Santiago de Compostela. Dita lista, que é cremalleira e se elaborou conxuntamente coa Executiva Provincial nun proceso de colaboración e diálogo, estará encabezada pola secretaria xeral do partido na cidade, Natalia González Benéitez, e conformada por un total de 28 persoas, 3 das cales son suplentes.

Así as cousas, a delegación ourensá será a seguinte:

1.- Natalia González Benéitez

2.- Rafael Rodríguez Villarino

3.- Carmen Rodríguez Dacosta

4.- Diego Alonso de Abel

5.- María Teresa Ánsias Bacelar

6.- José Ramón Fernández Morgade

7.- Beatriz Dominguez Blanco

8.- Alberto Fernández Martínez

9.- Zaida Rodríguez Camba

10.- Adolfo Pérez Abellás

11.- Edith Filgueira Rodríguez

12.- José Manuel Rego López

13.- Juana Ageitos Gude

14.- Miguel Ángel Rodríguez Ojea

15.- Begoña Suárez Colmenero

16.- Xosé Lois Carrión González

17.- Rosa Martínez Rodríguez

18.- Antonio Blanco Rodríguez

19.- Jesusa Rodríguez Castro

20.- José Ruas Araujo

21.- Marina Tallón Rodríguez

22.- Bienvenido Fernández García

23.- María del Carmen Yáñez Pérez

24.- Juán Antonio Rey Pérez

25.- Olalla Meiriño López

Suplentes:

26.- José Luis Regal Lamelo

27.- Erica Conde Vazquez

28.- Enrique Pérez Pérez

Tamén debateu e votou nunha asemblea a agrupación municipal de Ourense, logo de coñecerse o Relatorio Marco, as emendas presentadas pola militancia ao documento que marcará o camiño a seguir durante os vindeiros anos. Segundo recollen as bases do XV Congreso Nacional, todas aquelas que obtiveran o apoio de polo menos o 30% elevaranse de xeito directo e no caso de Ourense as 82 –de adición, supresión e substitución– propostas foron aprobadas por aclamación. Do mesmo xeito aconteceu coas 15 emendas para realizar modificacións ou aportacións aos Estatutos.

A igualdade e a linguaxe non sexista no relatorio, así como a presenza das mulleres en todos os ámbitos laborais, os protocolos de acoso, os ventres de aluguer ou a conciliación protagonizan algunhas das aportacións presentadas e respaldadas na asamblea. No eido do benestar social, a vivenda, a xuventude, o transporte ou a saúde mental e a cultura tamén se propuxeron aportacións.

O texto marco foi elaborado a partir da participación do tecido social, económico e asociativo e das conclusións obtidas durante os encontros sectoriais de Diálogos con Raíz, que se desenvolveron durante 5 meses, e que o PSdeG organizou para abordar problemas como o reto demográfico, as necesidades do benestar social, a igualdade, as infraestruturas ou os diferentes sectores produtivos de Galicia.

Así e todo, as os socialistas destacan que se conseguíu aunar no documento marco –que continuará o seu debate durante o XV Congreso Nacional– a voz e opinión de expertos en diferentes eidos que participaron nos encontros, mais tamén a da militancia e a sociedade de cada vila e cidade galega.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad