Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, fixo unha visita na mañá de hoxe martes o parque de bombeiros provincial no Polígono de San Cibrao das Viñas, que presta servizo a máis de 30.000 habitantes da provincia e ao 70-80% da industria da provincia.
Menor subliñou a importancia estratéxica deste parque, en funcionamento desde hai máis de 20 anos. Tamén anunciou melloras nas instalacións e dotacións. Ademais, avanzou a posibilidade de crear un novo parque comarcal que amplíe os servizos e responda ás crecientes necesidades industriais e poboacionais da zona.