O Concello de Ourense adxudicará por procedemento negociado o contrato para a xestión da Praza de Abastos da Ponte. Así o avanzou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen explica que con esta fórmula a concesión da explotación do mercado pontino entrará en servizo no próximo mes de xaneiro.
O alcalde explica que o concurso ordinario convocado polo Concello para adxudicar a xestión da praza non recibiu ofertas. Porén, o goberno municipal é coñecedor de que “moitas empresas están interesadas e xa están esperando para optar a este contrato a través dun procedemento negociado, así que adxudicaremos a xestión da praza por esta vía”, engade o rexedor. O contrato efectuarase polo mesmo prezo ao que saíra a concurso, de xeito que a empresa que xestione o recinto deberá aboar un canon de 2.000 euros ao mes ao Concello.
Así, Gonzalo Pérez Jácome garante que a Praza da Ponte “estará operativa desde o mes de xaneiro e a pleno rendemento neste mandato”