Jácome denuncia que a Xunta humilla a cidade de Ourense ao situar ao alcalde nas filas traseiras do acto de entrega das Medallas de Galicia

Jácome

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, denuncia que a Xunta de Galicia “humillou a cidade de Ourense” no acto de entrega das Medallas de Galicia, ao situar ao alcalde da cidade nas filas traseiras do acto, que tivo lugar esta mañá en Santiago de Compostela.

O alcalde de Ourense, que acudía en representación do Concello a este evento, foi situado na fila número 14 do acto, moi lonxe das primeiras filas que, por motivos de protocolo, lle corresponderían ao rexedor da terceira cidade de Galicia. Concretamente, foi sentado na fila número 14 das 22 que había, dentro da zona secundaria (había 2 zonas de 11 filas cada unha, separadas por un corredor, e o alcalde foi situado na segunda delas)

Pérez Jácome considera que estes feitos supoñen unha “humillación” á cidade por parte da Xunta de Galicia. Lembra que en anos anteriores o alcalde da cidade asistira nas primeiras filas, xunto as demais autoridades, como require o protocolo institucional e que, en cambio, este ano, foi situado nas últimas filas, detrás de moitos asistentes que non son autoridades. “Todo o mundo diante do alcalde da terceira cidade de Galicia”, resume o rexedor que foi ademais o único alcalde das cidades galegas que asistiu ao acto, xunto co de Santiago de Compostela.

“Como persoa dame igual estar detrás, pero isto é unha auténtica falta de respecto á cidade de Ourense. Foi un acto de desconsideración, cun fondo partidista. Se eu fose do PP non o farían”

Gonzalo Pérez Jácome

Gonzalo Jácome comunicou a súa protesta á Xunta de Galicia e membros do protocolo do acto se disculparon co alcalde. Jácome aceptou as desculpas “porque foron bastante considerados e admitiron o grave erro cometido”

Represento á terceira cidade de Galicia”, lembra o rexedor, quen explica que “como persoa dame igual estar detrás, pero é unha auténtica falta de respecto á cidade de Ourense. Creo que foi un acto de desconsideración, cun fondo partidista. Se eu fose do PP non o farían”, asegura Pérez Jácome.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad