Jácome denuncia o “bloqueo institucional” da Xunta de Galicia á cidade de Ourense e aos seus proxectos estratéxicos

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome denunciou esta mañá a situación de “bloqueo institucional do goberno galego” cara á cidade de Ourense e aos seus proxectos estratéxicos. “Están facendo electoralismo: como consideran que somos un rival, fannos un embargo, como o que se lle fixo no seu día á Cuba de Fidel Castro, do que os ourensáns son os damnificados”, sostén o rexedor, quen incide en que a Xunta de Galicia “non leva a cabo investimentos que son vitais e nin sequera acceden a reunirse connosco”.

“É un desprezo absoluto á terceira cidade de Galicia”, asegura Pérez Jácome: “o presidente Rueda non recibiu o alcalde de Ourense, a pesares das reiteradas peticións que lle levamos facendo desde hai un ano. Desviounos ao delegado na provincia e nin sequera este nos recibe”. Explica a este respecto que desde a Xunta se lle solicitou que se detallase a orde do día da xuntanza e que, un mes despois de facilitarllo, o día 7 de xaneiro, nin o titular da Xunta nin o delegado accederon a manter a reunión pedida.

Esta situación ten por consecuencia a parálise dunha axenda de proxectos de “vital” importancia para Ourense, nos que o alcalde quería avanzar co goberno galego, como o a plantación de máis de 10.000 árbores para mellorar a calidade de vida e combater o cambio climático; a construción do parque acuático termal, a reparación de numerosas rúas de titularidade autonómica, ”que son arterias clave da cidade e se atopan nun estado deplorable: nin as arranxan eles nin nolas ceden ao Concello para que as poidamos arranxar” ou a construción do novo edificio administrativo da Xunta “que está totalmente paralizado e non son capaces de desenvolver”. 

Cita tamén a dotación de novos equipamentos do ámbito deportivo (como un pavillón de ximnasia ou campos de fútbol); a programación do Xacobeo “na que se discrimina completamente a cidade, xa que hai grandes concertos en todas as de Galicia agás en Ourense”; a concreción do trazado e a execución da circunvalación sur da cidade ou o soterramento da Avenida Otero Pedrayo, entre outros. “Pasan os meses e está sendo unha lexislatura perdida da Xunta cara a Ourense. Teñen unha actitude cutre e rácana cara á cidade. É un insulto e unha discriminación”, asevera o alcalde.  

A actitude da Xunta de Galicia, engade o rexedor, contrasta coa do Concello de Ourense: “cada vez que nos chaman por un problema que teñen, atendémolos de inmediato. Se non é ese día, ao seguinte. Imos ao momento. E a eles, pídeslles unha cita e nin te reciben. Isto é intolerable”, conclúe. 

Pérez Jácome lamenta tamén que a Xunta leva a cabo actuacións que non foron solicitadas nin polo Concello nin pola cidadanía, que se executan “ás costas do goberno municipal”, como o carril bici; ou aínda coa oposición frontal da veciñanza, como a senda de Reza. Outras resultan decepcionantes, como o “remendo malo” do campo de fútbol do Couto, a intervención “problemática” na rúa Marcelo Macías ou a estación de autobuses low cost

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad