Inaugurado esta mañá o estacionamento seguro de San Cibrao das Viñas

Estacionamiento seguro
Estacionamiento seguro

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou na inauguración oficial da área de estacionamento seguro e protexido do Polígono de San Cibrao das Viñas, da que xa poden desfrutar os profesionais do transporte de mercadorías. Trátase de 59 prazas de aparcamento con tódalas medidas de protección, mellorando especialmente a seguridade das mulleres conductoras.

A Deputación de Ourense reafirma con esta iniciativa o seu compromiso co impulso ao desenvolvemento das áreas industriais, dixo Luis Menor, a través de servizos como este, que dan resposta ás demandas dos empresarios ourensáns.

O presidente provincial destacou o desenvolvemento das áreas industriais como «obxectivo estratéxico da Deputación» e asegurou que o novo estacionamento «será un exemplo de iniciativa pioneira en Ourense e Galicia».

Menor tamén fixo fincapé na senda de cooperación que caracteriza á Deputación. Neste caso, a institución provincial financia o 40% das obras con 200.000 euros, aportando o resto dos fondos a Xunta de Galicia, cun investimento total que acada os 500.000 euros. «Non hai Deputación que faga tantos acordos e compromisos coa Xunta como a de Ourense», destacou o presidente provincial.

Menor tamén puxo en valor a innovación do emprendemento ourensá. Neste sentido, Menor apuntou: «Como institución, non imos mirar cara outro lado cando se trata de apostar por un dos ámbitos que fai medrar esta provincia».

Así, o presidente provincial desexou que o 2025 tamén sexa o ano no que se poña en marcha a estación de mercadorías, proxecto clave «para que a industria ourensá poida ser máis competitiva».

Tamén engadiu outras reivindicacións como a depuradora, a conexión coa A-52 ou a propia ampliación do chan industrial do Polígono de San Cibrao das Viñas.

«Ourense ten unha clara vocación industrial.  A ampliación do polígono é unha necesidade», dixo Menor, atendendo ás demandas dos empresarios.

Un dos polos industriais de maior movemento

Esta nova infraestrutura é unha demanda histórica dos profesionais do transporte. A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas reivindica con este proxecto a solución para aliviar o exceso de vehículos pesados nos viais, proporcionándolle un lugar de estacionamento seguro.

Esta área rexistra un movemento anual de mercadorías superior aos tres millóns de toneladas, convertíndose no principal polo industrial da provincia e un dos maiores de Galicia.

A posta en marcha mellorará as condicións de descanso dos traballadores, cun servizo que ademais favorece o relevo xeracional na profesión e a incorporación da muller a un colectivo fortemente masculinizado.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad