O PSdeG-PSOE de Ourense súmase á ‘Hora do Planeta’ apagando a súa sede

Panorámica de Ourense por la noche con el barrio de A Ponte
Panorámica de Ourense por la noche con el barrio de A Ponte

A Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE sumouse á ‘Hora do Planeta’, unha campaña global que organiza WWF (World Wildlife Fund), que brinda ás personas, entidades e gobernos de todo o mundo a oportunidade de amosar a súa preocupación polo deterioro ambiental e resaltar a urxente necesidade de actuar contra el.

Trátase dun movemento global en defensa do medioambiente que celebra o compromiso coa naturaleza eo clima. Un sinxelo xesto que consiste en apagar as luces de edificios e monumentos durante unha hora e ao que as e os socialistas de Ourense se uniron apagando a sede do partido, situada na rúa Ribeira de Canedo.

A acción continúa a liña medioambiental e a transición ecolóxica que forma parte dos sinais de identidade do actual Goberno progresista, sempre dende o convencemento de que é precisa máis ambición e rapidez posto que o cambio climático e a perda da natureza poñen en risco a calidade de vida das xeracións futuras.

Neste senso, advirten as e os socialistas que xa se están a padecer as devastadoras consecuencias do cambio climático con temperaturas que baten récords históricos, tempadas excesivamente secas, inundacións e incendios forestais especialmente agresivos en Galicia.

Por todo elo, entre as 20:30 e as 21:30 horas, a sede do PSdeG-PSOE de Ourense permaneceu coas luces apagadas.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad