Gonzalo Pérez Jácome esixiralle o Partido Popular un compromiso firme para continuar no goberno municipal

Concello de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, citou á portavoz do Partido Popular no Concello, Flora Moure e ao tamén concelleiro do grupo de goberno, e secretario local do PP na cidade, Jorge Pumar, no despacho da Alcaldía o martes, 26 de xullo, ás 9:30 horas  “para que aclaren as súas posicións sobre o grupo de goberno municipal e sobre o pacto establecido entre Democracia Ourensana e Partido Popular para gobernar esta cidade

O alcalde toma esta iniciativa “á vista das informacións publicadas nos diferentes medios de comunicación, das que non teño información de primeira man, das filtracións varias que nos chegan por todos os lados, e das declaracións aos medios nas que o candidato Manuel Cabezas di que se vai reunir con eles para reflexionar sobre se deciden seguir ou non no goberno municipal”.

Isto é moi pouco serio

Gonzalo Pérez Jácome

Isto é moi pouco serio”, asegura Pérez Jácome: “Isto non é seriedade nun grupo de goberno, polo que lles imos esixir un firme compromiso e unha declaración pública deste compromiso para poder continuar no grupo de goberno. A estabilidade do goberno municipal vai máis alá de intereses electorais. Con Ourense non se xoga”, conclúe o rexedor.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad