Gonzalo Pérez Jácome busca pechar unha declaración institucional con todos os grupos políticos para que Ourense sexa a sede da futura Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial

Alcalde de Ourense por AESIA

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, recibiu esta hoxe na Casa do Concello unha delegación da Universidade de Vigo, encabezada polo reitor, Manuel Reigosa, ao que lle trasladou a vontade do Concello de apostar pola cidade como sede da futura Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial, que prevé crear o goberno central. Con esta finalidade, o alcalde promoverá unha declaración institucional, que quere consensuar con todos os grupos políticos tanto no Concello como na Deputación, para trasladarlle ao goberno do Estado a demanda unánime de todos os grupos de que Ourense sexa a sede desta nova entidade.

O alcalde recorda que esta proposta xa recibiu o respaldo de todos os grupos municipais a través das mocións que presentaron diante do Pleno do Concello os grupos políticos de DO e PSdeG_PSOE, polo que, explica o rexedor, “cremos que todos os grupos deberiamos apoiar esta declaración”.

Pérez Jácome destaca que “Ourense está moi ben posicionada, porque o Concello, sempre en coordinación coa Universidade de Vigo, ofreceu ademais o espazo de La Molinera como sede da nova entidade”. Amais, subliña, “sería para xa: chave en man”, dado que se trata dun edificio xa construído con capacidade para acoller sen demora este novo organismo.

Advirte tamén o alcalde que Ourense “encaixa nos criterios que está buscando agora mesmo o Estado español, que é descentralizar, fixando o seu obxectivo en cidades dun tamaño parecido a Ourense”. Pon o acento tamén Pérez Jácome en que a nova instalación, que contará inicialmente con 100 postos de traballo, suporía un importante elemento de dinamización para Ourense, “unha cidade que realmente necesita recibir dotacións coma esta. A Ourense viríalle como anel ao dedo, porque representa sen lugar a dúbidas o que poderiamos chamar a Galicia baleirada. Nese sentido, necesitamos un punto de inflexión, polo que o Estado español debería apostar claramente por Ourense”.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad