Galiza Nova exixe melloras no transporte público entre Celanova, Baixa Limia e Ourense

Galiza Nova
Galiza Nova

Laura Pérez, Responsábel Comarcal de Galiza Nova de Terras de Celanova e Baixa Limia – Organización xuvenil do BNG, xunto con militancia de Galiza Nova e deputados como Iago Tabarés, Noa Presas, María Mangana e Xosé Manuel Puga, rexistraron máis de cincocentas sinaturas na delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense.

A iniciativa demanda melloras no transporte público entre Celanova, Baixa Limia e Ourense, especialmente para estudantes que necesitan alugar pisos na cidade para cursar os seus estudos universitarios ou de FP. Laura Pérez criticou a escaseza de servizos durante os días festivos e a insuficiencia de conexións, sinalando que o último autobús entre Bande, Celanova e Ourense é ás 16:00 horas, deixando sen opcións aos viaxeiros máis tarde.

Ademais, a Responsábel Comarcal destacou o aumento da demanda debido ao retorno de moitas persoas sen vehículo privado, o que obrigaría a establecer máis servizos ao longo da semana, especialmente durante fins de semana e vacacións. A veciñanza, durante o mes de novembro, sumouse á campaña para esixir mellores servizos de autobús, asegurando que a comarca está discriminada respecto a outras vilas do mesmo tamaño, que dispoñen de numerosos servizos diários.

Finalmente, Laura Pérez resaltou que as reclamacións non só se centran no transporte público, senón tamén na necesidade dunha mellora xeral dos servizos entre os concellos da comarca, especialmente en épocas de vacacións escolares.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad