Folga xeral na automoción galega o 28 de novembro ante a «situación límite» do sector

Folga na automoción
Folga na automoción

Os traballadores das empresas da automoción galega están convocados a unha xornada de folga o próximo xoves 28 de novembro debido á «situación límite» que atravesa o sector pola reconversión cara ao vehículo eléctrico, a deslocalización e a precarización laboral. A folga de 24 horas, organizada pola CIG-Industria, afectará tanto a Stellantis como a unhas 50 empresas auxiliares e de compoñentes nas comarcas de Vigo, Pontevedra e Ourense, co obxectivo de esixir medidas que garantan os postos de traballo e condicións laborais dignas.

O anuncio foi realizado polo secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, durante unha protesta diante da fábrica de Stellantis en Vigo, coincidindo coa folga na súa planta en Italia. Bouzas destacou que a convocatoria é parte dun longo traballo en defensa do emprego nun sector en «emerxencia» debido á crise, que intensificou a precarización e a perda de dereitos laborais.

A pandemia agravou a situación, con ERTEs constantes de ata 90 días, sumados á desregulación da xornada laboral e o traballo en fins de semana e festivos. Esta inestabilidade impide a conciliación da vida persoal e laboral, mentres que as empresas, como Stellantis, rexistraron beneficios multimillonarios. Bouzas criticou tamén a CEAGA por non opoñerse ás directrices que obrigan a recortar empregos e salarios.

O secretario da CIG-Industria instou aos traballadores a secundar a folga para mostrar o seu rexeitamento a unha situación insostible que, segundo el, non pode seguir permitindo que os salarios sexan inferiores aos de antes da pandemia por mor das constantes paradas de produción.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad