Ramirás recuperará as verbenas antigas

O Colectivo Rebulir con sede no Concello de Ramirás organizará este sábado 18 de xuño «A Verbena do Rella». Esta actividade é continuidade da Noite de Fiadeiro, unha celebración que como indican os organizadores «morreu de éxito» dado que a cantidade de xente que acudía era moi superior a agardada para unha festa que pretende manter a esencia tradicional. Neste 2022 reinvéntase a iniciativa programando actividades para todos os públicos. Deste xeito, a Praza de San Andrés en Vilavidal engalanarase para ocasión, e desde as 16:00 h. acollerá un obradoiro de baile tradicional a cargo de Alexandre Sotelino, para logo dar paso a xogos e animacións de rúa, e chegar as 20 h. cun festival no que participan todos os grupos da Escola de Rebulir e tamén a AC. Mestre Gacio de Lestedo. O prato forte será chegado o serán, cando empece a verbena en si, para iso convidouse a grupos afamados que levarán aos asistentes ata a madrugada a ritmo de pasodobres, rumbas, muiñeiras ou xotas.  Nunha festa desta índole non pode faltar a vertente gastronómica, e para iso, a organización disporá de racións para a venda.

A Verbena do Rella nace con dous obxectivos. Por un lado recuperar o espazo público como lugar de convivencia interxeracional, e volver as verbenas nas que o importante era a música e non o espectáculo. Por outra banda, quérese poñer en valor a figura de Manuel «O Rella» un gaiteiro nado no Concello de Cartelle, pero que tivo a súa residencia en Ramirás, e quen animou canta festa e romaría había na contorna. Manuel faleceu nos anos 90, e descansa no cemiterio de Santa Baia, pero son moitos os veciños e veciñas que o recordan con agarimo. 

Rebulir segue apostando a facer do rural un espazo vivo, onde a tradición cobre sentido e contribúa a manter a identidade propia. 

Programa da Verbena do Rella

Cartel Programa verbena do rella

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad