Espazo Común leva a pleno unha moción sobre o Grupo Municipal de Emerxencias de O Carballiño e cederá a palabra aos seus traballadores

Concello de O Carballiño
Concello de O Carballiño

Comunicado de Espazo Común de O Carballiño:

Dende hai xa tempo, vimos asistindo, non sen certa incomidade, á polémica creada pola situación dos traballadores do Grupo Municipal de Emerxencias do Concello do Carballiño.

É aceptable e ata lóxico que haxa diferencias entre o goberno e algún grupo ou área de empregados públicos pero no caso que nos ocupa o asunto está totalmente fóra de control. Xa trascendeu o cruce de acusacións á opinión pública e a preocupación da cidadanía vai en aumento.

Resultou moi pouco edificante ver como o alcalde lles negaba a posibilidade de falar ao final da sesión plenaria do pasado 7 de marzo para explicar as súas demandas.

É a primeira vez en moitos anos que un rexedor nega a palabra a un cidadán en pleno.

O axeitado sería escoitalos e respostar, na medida do posible, aos seus prantexamentos.

No caso destes traballadores do Concello, é urxente resolver algunhas das súas demandas e decidir axiña cal é a liña a seguir para o futuro deste servizo.

Ao noso entender, a primeira eiva e a máis grave é a demanda dos EPIs (Equipos de Protección Individual).

Non é de recibo que o alcalde diga publicamente que non teñen que ir aos incendios, que non lles vai facilitar o equipamento necesario e despois que sexan constantemente mobilizados polo 112 para acudir a accidentes, incendios urbáns, incendios forestais e todo tipo de incidencias.

Ninguén desexamos ter que lamentar algún contratempo no caso dunha emerxencia grave. Sen ánimo de ser alarmistas, é obvio que podemos estar falando da vida de persoas.

No referente ao resto de demandas, o máis apropiado é a convocatoria dunha Mesa de Negociación Sindical longamente comprometida incluso en Xunta de Voceiros e en público e que é o vehículo axeitado para a resolución deste tipo de conflitos.

Visto todo o anteriormente comentado,

SOLICITAMOS

Que o Concello do Carballiño adquira os EPIs necesarios para a seguridade dos traballadores nas intervencións que teñan que acometer.

Que sexa convocada con urxencia a Mesa de Negociación Sindical incluindo na orde do día as demandas dos traballadores do Grupo Municipal de Emerxencias.

Asinado :

Manuel Vázquez Fernández
Adolfo Nogueira Campo
Érika Paz Rodríguez
Francisco José Fraga Civeira
Inmaculada Rodríguez Rodríguez

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad