Espazo Común de Carballiño, ha hecho pública una nota de prensa en la que tachan de irresponsable la actitud del alcalde de la localidad el socialista Francisco Fumega, al ocultar de «forma miserable brotes y positivos por Covid entre los trabajadores municipales«
Llaman la atención sobre el hecho de que mientras el PSOE de Ourense, anunciaba que no acudiría al pleno celebrado esta mañana por la falta de información sobre el positivo de un empleado municipal por parte del Alcalde Jácome, en Carballiño se sigan ocultando datos de forma flagrante e irresponsable.
Reproducimos la totalidad del comunicado publicado por Espazo Común de Carballiño, en donde milita Pachi Vázquez el que fuera en otro momento alcalde de la localidad por el PSOE.
A IRRESPONSABILIDADE DO CONCELLO DO CARBALLIÑO ACADA COTAS MISERENTAS Ó OCULTAR BROTES E POSITIVOS POR COVID ENTRE TRABALLADORES MUNICIPAIS
Namentres outros concellos alertan ós cidadáns no caso de pequenos brotes con bandos e información precisa para previr máis contaxios, aquí as prioridades son outras.
O PSOE de Ourense anuncia que non vai acudir ó pleno da cidade ante a falla de información do concello ourensán sobre o positivo dun empregado municipal. A dobre vara de medir é evidente.
O Carballiño, 24 de agosto de 2020.
Nuns momentos extremedamente complexos e nos que as diferentes administracións apelan á responsabilidade individual de cada un de nós para frear a pandemia que nos asola e que costa vidas humanas tódolos días, o papel dos concellos é fundamental nesta loita.
As administracións máis próximas ó cidadán teñen a obriga de controlar o cumprimentos das medidas de protección decretadas e ó mesmo tempo poñer tódolos seus recursos ó dispor da tarefa de garantir a saúde pública.
Excepto no Carballiño, onde é moi evidente que hai outras prioridades.
Estamos afeitos ó oscurantismo e a constante falsidade e manipulación dos feitos por parte do alcalde Fumega e o seu equipo pero este comportamento acada o grao de mesquiño e miserento xa que falamos de que se xoga coa saúde da veciñanza.
Ó longo da semana pasada houbo un constante devir de novas sobre un brote de COVID19 no Carballiño que acadou un número importante de casos, incluso na plantilla de traballadores do propio Concello.
Ó contrario do que fixeron en lugares tamén gobernados polo PSOE coma Barbadás ou Monforte onde inmediatamente se fixeron públicos os contaxios e se publicaron bandos e informacións demandando á cidadanía extremar precaucións, o goberno carballiñés tentou facer ver que non acontecía nada. Nin unha soa nova, nin unha soa publicación en redes, nada.
Chegouse ó punto de pechar as instalacións de Servizos Socias, o pasado luns, para unha desinfección despois de saber que un dos positivos estivo alí en días anteriores. Eso sí, sen avisar nin tan sequera ós usuarios que tiñan cita previa nin poñer un cartel informativo na porta das instalacións.
Noutras dependencias municipais onde se sabe certamente que houbo presencia dalgún dos infectados, negouselle ós traballadores durante días que fora necesario facer desinfección algunha.
Non sabemos cales son as motivacións de Fumega e o seu grupo para un comportamento tan irresponsable pero sí sabemos que o seu mesmo partido, anuncia que non acudirá o pleno do Concello de Ourense pola falla de transparencia de Jácome no tocante a un positivo dun traballador municipal.
Qué opinará logo o señor Villarino desta nova contradicción co seu amigo o alcalde do Carballiño?
Esiximos a Fumega que se deixe dunha vez de tacticismo político e de manipulacións e que non xogue con algo tan delicado e que pode ter un custo tan caro para a veciñanza. Informar, cumprir coas normas e ser transparentes e o mínimo que ten que facer o Concello do Carballiño nestas circunstancias.