Eladio Santos destaca a educación como clave para previr a violencia contra as mulleres

Eladio Santos
Eladio Santos

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e a xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller, Alida Iglesias, presentaron esta mañá no IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives o libro “Vivas para contarlo”, unha iniciativa que xurdiu da Comisión de seguimento das vítimas de violencia de xénero, que mensualmente se reúne na Subdelegación do Goberno en Ourense, e cuxa edición correu a cargo desta última.

A publicación está composta por 13 microrrelatos de vítimas de violencia de xénero e sexual, e 10 testemuños de persoas que comparten a súa vida profesional con vítimas de violencia de xénero.

Esta presentación tivo lugar no marco dunha charla formativa dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas contornas, que está a levar por todas as aulas e a achegar a todos os rapaces e rapazas da provincia sesións a cargo de axentes da Garda Civil e da Policía Nacional para contribuír á prevención de condutas delitivas, co fin de evitar comportamentos violentos, consumo de drogas, acoso, ciberacoso, violencia de xénero, entre outros.

Precisamente en relación á violencia de xénero, o subdelegado do Goberno, cando se dirixiu ao alumnado presente, destacou que o Goberno, a Garda Civil e a Policía Nacional teñen en marcha oficinas específicas de atención ás vítimas. “Esa é unha medida para as mulleres que están sufrindo agora mesmo violencia, pero estamos acá para apostar pola prevención. O máis importante é a educación e a formación, e iso evitará que haxa no futuro violencia contra as mulleres”, destacou.

“As relacións de parella baséanse no cariño e no respecto, as mulleres teñen tanta independencia como os homes e as mozas coma vós non tendes que admitir ningún tipo de comportamento violento”, salientou dirixíndose ás rapazas participantes na presentación. “É un problema permanente, latente e o Goberno traballa para corrixilo”, concluíu.

Para contribuír a este labor de concienciación, acto seguido, seis alumnos e alumnas do propio instituto procederon á lectura de varios dos testemuños incluídos no libro, para facelos conscientes das experiencias reais das mulleres, así como da magnitude e secuelas da violencia.

Ademais, trala lectura tivo lugar un coloquio co alumnado sobre as experiencias lidas para resolver dúbidas, eliminar mitos e fomentar o diálogo e a reflexión sobre este importante tema.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad