El PSOE de Leiro muestra su “profunda” preocupación por los retrasos en las obras del puente de Esperela

Ponte da Esperela en Leiro
Ponte da Esperela en Leiro

O PSdeG-PSOE de Leiro amosa a súa «fonda» preocupación polas obras da ponte da Esperela que acumulan «importantes» retrasos dende que se pechou a mesma o tránsito o día 8 de xullo. As e os socialistas tamén critican o «mutismo» da Xunta de Galicia ante as preguntas rexistradas polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia e que 5 meses despois «seguen sen resposta».

O grupo municipal socialista lembran que xa no mes de xullo amosaron a súa «desconformidade» ante a «falla de previsión» do concello e a Xunta de Galicia, xa que as obras foran iniciadas en plena época estival, coincidindo co aumento da veciñanza que reside en Leiro e coa chegada dun maior número de turistas. Unha situación que en palabras da veciñanza «supuxo un gran trastorno á veciñanza, aos comercios, hostalería e negocios e a cidadanía en xeral».

Tal e como apuntan os concelleiros do PSdeG-PSOE de Leiro, Pedro José González e Manuel Rodríguez Vázquez, explican que a veciñanza «está farta da demora nas obras e de que unha das vías principais de comunicación do municipio, como é a Ponte da Esperela, continúe pechada 5 meses despois». Neste senso, os edís socialistas apuntan que «a demora nas obras, súmase a ausencia total de información por parte da Xunta, que opta polo mutismo, ante as preguntas rexistradas polo PSdeG en relación a esta actuación».

González e Rodríguez subliñan que o concello, «actor principal de todo este asunto, ten tamén a súa responsabilidade», xa que tal e como apuntan «debe esixir a apertura da ponte, o cumprimento de prazos ou incluso trasladarlle á Xunta a necesidade de que a obra fora feita noutras datas». Os concelleiros socialistas subliñan que «o prexuízo para Leiro está sendo moi grande a todos os niveis para veciñanza, comerciantes, hostaleiros e cidadanía en xeral, xa que a arteria principal de entrada a capitalidade municipal segue pechada e sen trazas de que vai abrir pronto».

O «silencio e mutismo» da Xunta de Galicia é para o PSdeG-PSOE de Leiro síntoma da «desidia a falla de interese» do Goberno autonómico por unha obra nunha infraestrutura «clave» para o municipio. As e os socialistas pídenlle ao concello que «defenda os intereses de Leiro e esixa o cumprimento do prazo das obras» e á Xunta de Galicia que «dea resposta das preguntas feitas polo PSdeG en relación as actuacións na ponte da Esperela».

As preguntas formuladas e que seguen sen resposta foron as seguintes:

  • 1. Cal foi a causa de que as obras na ponte da Esperela, no municipio de Leiro, se realicen en plena época estival?
  • 2. É coñecedora a Xunta de Galicia dos trastornos que está ocasionando a comerciantes e veciñanza?
  • 3. Cando foi contratada a obra pola Xunta de Galicia?
  • 4. Vai a Xunta de Galicia realizar unha planificación axeitada en relación as obras a acometer no futuro no Concello de Leiro?

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad