O PSOE critica a xestión cultural de Jácome e a falta de programación polo Día de Rosalía

Rosalía de Castro
Rosalía de Castro

Dende o grupo municipal socialista lamentan que non se organizase ningún acto institucional de homenaxe polo Día de Rosalía por parte do Concello de Ourense. «O día 23 de febreiro celebramos o aniversario da autora galega. E como é a tónica deste goberno de DO non se conmemorará de ningún xeito, ni dende Educación nin dende a ‘célebre’ concellería de Artes e Festexos», sinala a edil do PSdeG Cristina Cruz ao respecto.

Neste senso, as e os socialistas afirman que a situación cultural na cidade «leva anos sendo preocupante» e que, como xa denunciaron noutras ocasións, non se trata só de Rosalía de Castro; senón dun abandono xeralizado da nosa riqueza cultural e patrimonial. «O executivo de Gonzalo Pérez Jácome tampouco presentou, polo de agora, ninguna programación ou actividades para festexar o ano Castelao –declarado para este 2025– e o alcalde fixo o seu sinal de identidade omitir calquera acto para conmemorar o Día das Letras Galegas», lamenta a socialista sobre a redución da cultura á contratación de orquestras e charangas.

«A falta de compromiso e vontade política para recoñecer aos nosos escritores e escritoras ou artistas e intelectuais é a tendencia habitual do goberno local. Fomentar a cultura é fortalecer a identidade e o orgullo local resulta imprescindible para aprender do noso pasado e entender o noso presente», incide a edil do PSdeG.

E ante a pasividade do executivo de Jácome para participar institucionalmente de datas tan relevantes para a cultura e o patrimonio dos e das galegas, as e os socialistas agradecen o labor dos e das docentes por ser os que, nesta cidade, «transmiten á cativada e á mocidade as verbas desta poeta universal, muller feminista e libre que é exemplo de resiliencia».

A desafección do executivo de Jácome pola lingua e cultura galegas non colle por sorpresa aos e ás concelleiras do PSOE, mais lembran que como representante público de toda a cidadanía, o rexedor debería ter, alomenos, a mesma vontade para colaborar na organización das festas dos barrios que na organización das festas culturai de todos e todas as galegas. «E, especialmente, consideramos fundamental promover e fomentar aquelas efemérides relacionadas co coñecemento e uso da lingua e literatura galegas dende as institucións para contribuír a deter o seu preocupante deterioro», remata concretando.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad