O PSdeG-PSOE de Leiro impulsa a poda de árbores na OU-209 para mellorar a seguridade vial

Carretera OU-209 a su paso por Leiro
Carretera OU-209 a su paso por Leiro

O PSdeG-PSOE de Leiro impulsa a poda das árbores da estrada autonómica OU-209 ao seu paso polo concello e que supuñan un «grave» perigo para os vehículos e os viandantes que transitan por ela. As e os socialistas ante a «inacción» do goberno municipal presentaron dous escritos ante o servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas para que procedesen a solucionar dita problemática, algo que fixeron nos últimos días.

Dende o grupo municipal socialista en Leiro destacan que a poda destas árbores «supón unha mellora na seguridade viaria, xa que tal e como apuntan «as árbores estaban moi próximas a estrada e en risco serio de derrubamento en caso de fortes ventos ou temporal». As e os socialistas agradecen a actuación levada a cabo por parte da Axencia Galega de Infraestruturas, a través de SEAGA.

Os concelleiros do PSdeG-PSOE en Leiro, Pedro José González e Manuel Rodríguez, poñen de manifesto o «noso compromiso con Leiro e a veciñanza», sinalando que «ante a desidia, a deixadez e o pasotismo do alcalde do Partido Popular para resolver os problemas do municipio, as e os socialistas tomamos as rendas para solucionar estas problemáticas». Os edís consideran «moi importante» esta actuación levada a cabo na OU-209, de titularidade autonómica, xa que tal e como apuntan «o risco era máis que evidente e así o puideron comprobar os técnicos que se desprazaron ata a zona».

Os concelleiros socialistas subliñan que «a resposta dada por parte da Axencia Galega de Infraestruturas foi que se estudaría e analizaría tódalas circunstancias para incluír esta actuación na programación de traballo». Algo que tal e como apuntan González e Rodríguez «sucedeu fai uns días, cando se procedeu a poda destas árbores, xerando un espazo seguro tanto para vehículos como para os viandantes».

Dende o PSdeG-PSOE de Leiro sinalan que «imos seguir traballando polo noso concello e a veciñanza e levando ante as administracións competentes os diferentes problemas que nos atopamos no día a día». Neste senso tamén lle esixen ao alcalde do Partido Popular, Francisco José Fernández, que «se preocupe un pouco aínda que sexa polos problemas que vive Leiro, en lugar de estar pendente de acumular cargos políticos», xa que tal e como apuntan «o abandono que sofre a veciñanza por parte do concello é total».

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad