El PSdeG-PSOE de Beade pide al gobierno local proteger el monumento a la Semana Santa

Concello de Beade
Concello de Beade

O PSdeG-PSOE de Beade insta ao goberno municipal do Partido Popular a protexer e conservar correctamente os lenzos do denominado Monumento á Semana Santa de Beade. Un conxunto artístico que data do século XVIII e que durante anos foi colocado na igrexa de Santa María, pero tras décadas gardado, volveuse a expor o pasado ano durante a Semana Santa.

Dende o Grupo Municipal Socialista explican que no último pleno municipal celebrado esta mesma semana propuxeron a firma dun convenio entre o concello de Beade, a consellería de Cultura e o bispado de Ourense con fin de «protexer os lenzos e madeiras, namentres se expoñan durante a Semana Santa». Tal e como explican as e os socialistas «o monumento atópase moi deteriorado tralo paso dos anos e precisa dunha correcta montaxe e da presencia de expertos para realizar a mesma».

O ano pasado o monumento foi instalado coa axuda da veciñanza, pero neste 2025, dende o PSOE de Beade piden que sexan os técnicos da Rede Galega de Museos da Xunta, os que se encarguen da montaxe. Neste senso explican que «podería empregarse aos técnicos e restauradores do museo Etnolóxico de Ribadavia, do Arqueolóxico de Ourense ou do de Peregrinacións de Compostela, que son os máis próximos a Beade e dependen da Xunta de Galicia».

A voceira do PSdeG-PSOE en Beade, Carmen Rama Cotelo, deixa claro que «as e os socialistas de Beade non nos opoñemos á exposición dos lenzos, pero pedimos que se faga con garantías para un mellor coidado cara o patrimonio». Tal e como relata a concelleira socialista «o concello non ten persoal cualificado e o pasado ano contou coa inestimable colaboración da veciñanza, polo que propuxemos a firma do convenio e que sexan profesionais os que se encarguen da montaxe e desmontaxe do monumento nesta e en vindeiras ocasións».

Tal e como explica Rama Cotelo, a proposta foi feita durante unha sesión plenaria por parte do grupo municipal socialista, «o alcalde aceptouna e prometeu iniciar a xestión coa Xefatura Territorial de Cultura da Xunta de Galicia en Ourense mediante unha chamada telefónica». A voceira socialista considera que «estamos ante unha peza artística única e cunha singularidade especial» e lembra que existe un estudo realizado por Fernando González Suárez, profesor do instituto Otero Pedrayo e que formou parte do grupo Francisco Moure sobre o monumento.

O PSOE de Beade considera «imprescindible» tamén restaurar esta peza, xa que tal e como explican «o estado de conservación non é bo, pero a maior parte das pinturas seguen permanecendo nos lenzos». Ademais insisten en que a proposta «suporía un coste mínimo, pois só habería que abonar os gastos de desprazamento e manutención dos traballadores da Xunta».

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad