El PP en la Diputación de Ourense vota en contra de un ‘amplio plan de ayudas’ al sector agrario defendido por el grupo provincial socialista

Diputación de Ourense y Progreso
Diputación de Ourense

O PP votou contra da Moción que o Grupo Provincial Socialista defendeu no Pleno da Deputación de Ourense para posta en marcha dun «amplo» plan de axudas directo a empresas, cooperativas e autónomos agrogandeiros con vistas a minorar os males que atravesa o sector. A deputada provincial socialista e gandeira ecolóxica, Marina Vaz, quen repasou algunha principais causas dun «problema complexo, que non ten unha única causa», reclamou da Deputación «que estea a carón dos profesionais do sector neste delicado momento, transcendendo a mera retórica e pasando a acción a través da posta en marcha dun plan de subvencións específico para distender a situación».

As causas das doenzas do sector pasan polas cargas burocráticas e estricas directrices que determina a Política Agraria Común (PAC), a necesidade de establecer prezos xustos, co obxectivo de que os custos de produción sexan inferiores ao importe de venda de produtores; a non actualización dos seguros agrarios para que dean conta das novas condicións xeradas polo cambio climático ou a urxencia de atallar as consecuencias dunha xeopolítica mundial axitada da ou o impacto de acordos chamados a incrementar o comercio internacional. «Produtores, industriais, distribuidores e transportistas outorgan prioridade a certos factores, segundo o seu particular rol e circunstancias, polo cal o obxecto das axudas deben ser o máis vasto posible», indicou Vaz. 

A Moción socialista, que non saíu adiante por mor do voto en contra do PP, pretendía que a Deputación «contribuíse de forma decidida cun amplo plan de axudas». A deputada socialista destacou que «é habitual que outras deputacións do Estado dispoñan de subvencións para axudar aos seus sectores primarios», evocando os casos de Alaba ou Biscaia, Málaga e Pontevedra, onde o impacto do agrogandeiro e moi inferior ao de Ourense e gobernadas as dúas últimas polo PP. «A sustentabilidade das explotacións pasa por alcanzar un grao de rendibilidade suficiente que, agora mesmo, require do empurre dos poderes públicos», estimou a deputada socialista. «Nunha provincia onde o agropecuario é determinante a Deputación debería ser parte da solución», sentenciou Vaz.

Clarificación sobre a non privatización da recollida do lixo

Sobre a base de informacións publicadas en datas recentes, que indican que «a Deputación pedía dous meses para aclarar se vai privatizar o servizo de recollida de lixo», e tendo manifestado o presidente Luís Menor a intención de manter a prestación de forma directa, o Grupo Provincial Socialista pediu aclaracións ao respecto. No Pleno do 22 de decembro de 2023 votouse unha moción socialista para instar ao goberno do PP a desbotar a privatización do servizo de recollida e tratamento de residuos que a institución presta en réxime de competencia delegada, apuntalando o seu carácter público e non mercantil. «De aquí a nosa sorpresa, cando vemos que están a valorar aínda a privatización do servizo», destacou a deputada socialista Susana Rodríguez.

Neste senso, Rodríguez preguntou sobre o «mantemento da folla de ruta do Sr. Baltar, que si afirmaba a privatización, ou se, tal e como subliñou hai apenas un par de meses o presidente Menor, vaise garantir a prestación directa do servizo de recollida de lizo que presta a Deputación». Na súa resposta o presidente garantiu o mantemento do carácter público e a prestación directa do servizo e que o escrito ao que alude a prensa «foi presentado en sede xudicial, respondendo unicamente a un trámite diante dos tribunais». Segundo Menor, «é vontade clara e afirmada deste equipo de goberno non avanzar na privatización ou externalización, sustentando o carácter público e a prestación directa do servizo».

Contra a financiación dunha apoloxía dun fascista

O Grupo Provincial Socialista pediu aclaracións sobre a contratación pola Deputación de Ourense dunha biografía do escritor e político Eugenio Montes, figura sobranceira do fascismo español. Tal e como expuxo Susana Rodríguez, «a Deputación vai destinar un monto de 11.190,64 euros para a publicación de Eugenio Montes, o intelectual silenciado, unha haxiografía arredor dun importante e temperá apoloxista do fascismo español, con gran impacto no pensamento antidemocrático da España do primeiro terzo do século XX». «Entre perfís cualificados e expertos a conclusión é clara e, ao contrario que Cunqueiro ou Risco, Montes non fixo unha viaxe de ida e volta, sendo considerado un fascista asumido e ideólogo orgánico da Falanxe española», explicou Rodríguez.

A deputada socialista inquiriu sobre os fundamentos da decisión de financiar a elaboración e edición dunha obra «para claramente enxalzar a figura dun recoñecido fascista», poñendo en dúbida o respecto da Lei 20/2022, de 19 de outubro, de Memoria Democrática. Na súa resposta, o presidente Menor indicou que «a Deputación non tomou a decisión e moito menos para tratar a personaxe coma un santo», remitindo ao envío ulterior do informe da xefa de Servizo de Publicacións da institución. Neste senso, Menor afirmou que a obra foi contratada a través dun concurso de concorrencia competitiva, que se trataba dun traballo colectivo, e non dun único autor, e que «en ningún caso hai un tratamento privilexiado dun autor destas características».

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad