El Gobierno Municipal de Ourense niega que existan sobrecostes en la obra de la calle Celso Emilio Ferreiro, finalizada hace poco menos de un mes. La Concejalía de Infraestructuras ha enviado un comunicado a los medios en respuesta a las afirmaciones del interventor municipal.
El comunicado es el siguiente:
O concelleiro de Infraestruturas, Francisco Lorenzo, en relación coas afirmacións emitidas polo interventor aprecia dúas cuestións: ” ignorancia e mala fe”.
E a continuación expón que:
1. O interventor, sen ningún coñecemento nin competencia técnica na materia, informa en contra dunhas certificacións da obra de emerxencia da rúa de Celso E. Ferreiro, amparándose nun “suposto asesoramento técnico solicitado”.
“Suposto”, xa que ningún técnico do Servizo de Infraestruturas foi consultado e o informe só leva a súa sinatura; sen identificar quen nin en calidade de que fixo este asesoramento. Aínda así, no informe, o interventor fai súas unha serie de afirmacións que só demostran un total descoñecemento da obra executada.
2. Alude a una base de prezos do Concello que leva sen actualizarse desde o 2015, cando os prezos de referencia deben ser os do mercado. Obvia ademais un anexo xustificativo que está no expediente onde se xustifican tanto incrementos xerais debidos á inflación, como a particulares que afectan ao sector da construción.
3. Comete erros na interpretación dos prezos desagregados.
4. Alude a axustes en rendementos que se fan para cada obra: “ Parece ser o único que non entende que o rendemento non é o mesmo colocando 10 m² de baldosa que 1000 m²”.
5. Fala da duplicidade nos firmes, aplicando mal a normativa PG3 e sen revisar o cálculo do paquete de firmes que si consta no expediente.
6. Discute as cubicacións dos pozos de rexistro sen tomar correctamente as cotas coas que se deben calcular.
7. Valora a necesidade ou non de realizar certas técnicas de construción como estruturas de contención sen coñecer a profundidade da escavación nin as características do terreo. Os cales tamén constan no expediente.
“Así xunto a outra serie de cuestións sen pés nin cabeza”, engade Francisco Lorenzo , “que amosan un descoñecemento profundo da materia sobre a que informa”.