Efectivos do Consorcio Provincial de Ourense parten cara a Valencia para axudar nas labores de emerxencia tras as inundacións

Bomberos
Bomberos

Debido ás graves inundacións causadas pola DINA en Valencia, dúas dotacións do Consorcio Provincial de Ourense partiron esta mañá cara os territorios afectados desde o Parque de Bombeiros de Verín. Estes efectivos, que colaboran coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), foron despedidos polo vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, e o xefe de sección de Emerxencias da Deputación, José Ramón Sánchez Feijóo.

As dotacións, procedentes dos parques de O Carballiño-O Ribeiro e Verín, saíron en dous vehículos 4×4 equipados con kits de bomba, material de limpeza viaria, bombas de achique, vadeadores, equipos de excarceración e iluminación, ademais de subministros suficientes para ser autónomos durante varios días. O seu destino é proporcionar apoio nas tarefas de emerxencia na zona afectada, sumándose á resposta do sistema de protección civil.

O luns 11 de novembro, está prevista a saída de outras dúas dotacións procedentes dos parques de Valdeorras e A Limia para relevar aos equipos xa desprazados e continuar coas labores de axuda.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad