Xela Arias, protagonista de homenaxes en toda a provincia

A escritora Xela Arias, é a protagonista do 17 de maio de 2021, Día das Letras Galegas. Son varias as localidades ourensanas que prepararon para todos estos días, eventos e actos arredor da súa obra e da nosa lingua. A pesar de que non está previsto que na capital da nosa provincia se faga ningún acto conmemorativo, sobran opcións no resto de localidades ourensanas que si apostaron pola cultura e a lingua no seu día.

Unha viaxe entre soños do autor do Ribeiro Benito Eladio Rodríguez
Presentación do libro «Unha viaxe de soños». Foto: Laura RF

É o caso de Ribadavia, que ademais de actividades lúdicas para os máis pequenos fixo onte unha homenaxe as verbas en galego coa presentación do libro «Unha viaxe entre soños» do autor do Ribeiro Benito Eladio Rodríguez que se celebrou na Casa da Cultura da localidade.

No acto reivindicaron a importancia da nosa lingua poetas como Néstor Fernández, Armando gonzález e Pepa Álvarez Gómez e cantores como Armando González, Antón Alonso e Andrés Rodríguez, acompañados todos eles polo autor da obra.

Na Alameda de Ribadavia tamén se pode admirar nestes días a exposición de Xela Arias con anacos das súas letras e pensamentos.

No Concello de Carballiño terá lugar hoxe 17 ás 19 horas na Insua dos Poetas o recital Musicando Versos de Xela Arias a cargo de 4Mal Quartet Jazz, rochi Nóvoa e Quico. A Entrada é libre, gardando as medidas de seguridade.

Mural Xela Arias
Mural Xela Arias en O Carballiño. Foto: Lucas IC

Tamén en Carballiño pódese contemplar o mural adicado a autora protagonista deste ano na Praza de Mina.

Celanova tamén se unirá a este ambiente festivo cun concerto da Banda de Música Municipal de Celanova, no Claustro do Mosteiro as 19 horas.

O Concello de Allariz creou un vídeo explicativo da súa vida e obra que merece ser visto pola súa orixinalidade ; unha forma moi gráfica e singular de acercarnos a unha muller, Xela Arías que destacou polo seu talento literario e a súa particular e decidida forma de ver a vida.

No caso de Xinzo de Limia, inicia hoxe, día 17 unha serie de actos que se extenderán ata o 28 de maio en distintos puntos do Concello.

A praza de Xoán XXIII, será o escenario da representación «De ti e mailo mundo que apañes» a cargo de Xarope Tulú, un percorrido pola obra da poeta, traductora e editora. Dirixido a mocidade combina a palabra con outras linguaxes propias das artes escénicas.

Ademáis na Praza Maior haberá postos de libros, con descontos de un 20% para os exemplares en galego.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad