Ribadavia toma a presidencia da Rede Española de Xuderías, enfocándose na súa proxección internacional

Rede Española de Xuderías
Rede Española de Xuderías

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, foi nomeado hoxe presidente da “Rede Española de Xuderías. Camiños de Sefarad” nun acto celebrado no Stand de Galicia en FITUR. Fernández liderará esta asociación durante o 2025, un ano especialmente significativo ao coincidir co 30 aniversario da súa creación.

A Rede Española de Xuderías é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa desde 1995 para preservar e difundir o legado histórico e cultural das comunidades sefardís en España. Formada por 21 cidades, entre as que están Tui, Monforte de Lemos, Toledo, Córdoba, Plasencia, Segovia… a asociación busca consolidar o turismo cultural e histórico vinculado ao patrimonio xudeu.

Na súa intervención, César Fernández subliñou a importancia de fortalecer os lazos internacionais da Rede mediante colaboracións con outras entidades culturais similares noutros países. Ademais, destacou o seu compromiso para promover iniciativas que potencien a visibilidade de Ribadavia e o resto das localidades da Rede como destinos clave do itinerario sefardí, co obxectivo de atraer máis visitantes e xerar un impacto económico positivo.

Esta é a segunda vez que Ribadavia lidera a presidencia da asociación, tras o seu mandato no ano 2010. Nos últimos anos, a vila destacou pola súa implicación na conservación e divulgación do seu patrimonio xudeu, consolidándose como un membro relevante dentro da Rede.

O traspaso de poderes realizouse no marco de FITUR, coa presenza do presidente saínte e alcalde de Plasencia, Fernando Pizarro, quen destacou o traballo colaborativo das cidades membros da Rede e desexou éxito ao novo presidente no seu mandato. Durante este traspaso de mandato tamén estiveron presentes o Xerente da Rede Española de Xuderías, Iñaki Echeveste Calzada; así como o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, que se atopaba en FITUR encabezando a delegación da provincia ourensá nesta feira.

O inicio desta nova etapa tamén coincide coa incorporación dun novo xerente na Rede e coa aprobación dun plan estratéxico renovado, deseñado para elevar os estándares de calidade e reforzar a proxección internacional das cidades que integran a entidade.

César Fernández afronta este reto con ambición e determinación, establecendo como prioridade a promoción do turismo cultural e o posicionamento de Ribadavia e outras cidades da Rede como referentes do legado sefardí en España e no mundo.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad