Ribadavia acolleu a presentación do libro «Persoeiros do Ribeiro na vida de Rosalía de Castro»

Persoeiros do Ribeiro na vida de Rosalía de Castro
presentación do libro «Persoeiros do Ribeiro na vida de Rosalía de Castro»

Esta mañá presentouse no Salón de Plenos do Concello de Ribadavia o libro Persoeiros do Ribeiro na vida de Rosalía de Castro, obra do investigador e dinamizador cultural ribadaviense José Luís Chao Rey. O acto contou coa presenza do autor, do editor Xan Leira e do alcalde de Ribadavia, César Fernández, para presentar esta obra que relata a interesante viaxe polo legado da poeta galega e os seus vínculos coa comarca do Ribeiro.

O libro, publicado por Memoria Documental de Galicia coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, achega unha profunda análise das relacións de Rosalía de Castro con personaxes históricos do Ribeiro, en especial cos irmáns Alejandro e Eduardo Chao, figuras clave no eido intelectual e político do século XIX e que foron fundamentais no apoio á obra literaria de Rosalía de Castro e do seu marido, Manuel Murguía; ademais de reflectir un amplo compromiso liberal e progresista que marcou o pensamento da época. O libro tamén destaca a conexión da autora coa súa familia materna e coa familia dos Hermida, reforzando a importancia desta comarca no seu contexto persoal e intelectual.

O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, é o autor do prólogo da obra, no que destaca que sempre existiu unha intencionalidade de facer propia a figura de Rosalía de Castro, mais este libro achega unha compliación que vencella á autora coa familia Chao e destacando os lazos ideolóxicos e familiares que unen a Rosalía coa comarca do Ribeiro. 

O autor, José Luís Chao Rey, destaca neste libro, de carácter divulgativo, que “Rosalía de Castro é, sen dúbida, a poeta máis auténtica que tivo a literatura peninsular en lingua galega e castelá durante todo o romanticismo ibérico». A súa obra, profundamente vinculada á terra e á cultura galega, trascendeu fronteiras e converteuse nun referente universal.  

A compilación de textos realizadas por Chao Rey afondan na biografía de Rosalía, dende o seu nacemento en Santiago de Compostela en 1837 ata a súa vinculación coa comarca do Ribeiro a través da súa familia materna e a súa relación cos irmáns Chao Fernández e a familia dos Hermida. Este traballo non só achega novos datos sobre a vida da autora, senón que tamén reforza a importancia do Ribeiro como espazo xeográfico e cultural na súa obra.

A unión de Rosalía co Ribeiro

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, puxo en valor o traballo de investigación realizado por José Luís Chao Rey e destacou a relevancia deste libro para a cultura galega e para a propia comarca do Ribeiro:

«É unha honra para Ribadavia acoller a presentación dunha obra que rescata a memoria histórica da nosa terra e a súa conexión cunha figura universal como Rosalía de Castro. Este libro contribúe a fortalecer o noso patrimonio cultural e a situar o Ribeiro no mapa da literatura galega, como un espazo que marcou a vida e o pensamento dunha das nosas autoras máis emblemáticas», afirmou o rexedor.O libro Persoeiros do Ribeiro na vida de Rosalía de Castro estará dispoñible nas librarías nos próximos días, consolidándose como unha referencia fundamental para o estudo da autora e da súa conexión co Ribeiro.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad