Polémica polo uso de «Orense» nun cartel patrocinado pola Deputación: o BNG esixe a súa retirada

BNG
BNG

O voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, expresou unha firme denuncia contra a utilización da forma deturpada «Orense» nun cartel publicitario patrocinado pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia. O cartel en cuestión, que promove un evento de Jiménez Losantos, inclúe os logotipos de ambas institucións, provincial y e autonómica.

O BNG considera especialmente grave que esta situación se produza só quince días despois de que a Deputación aprobara por unanimidade un acordo para fomentar e dignificar a lingua galega. “É inaceptable a cesión de espazos dependentes de administracións públicas que teñen a encomenda legal, política e social de velar polo noso idioma a quen fai bandeira do desprezo e rexeitamento do idioma propio de Galiza”, afirmou Varela.

Os nacionalistas esixen que a Deputación se desvincule deste acto e demandan a retirada do cartel. Ademais, instan á Deputación e á Xunta a demostrar un compromiso real coa promoción do galego, evitando calquera complicidade con iniciativas que o menosprecen.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad