Os Ribeiros chegan a súa feira cun dos mellores palmarés da súa historia: 50 premios este ano e máis de 100 en 2024

Feira do Viño de Ribadavia
Feira do Viño de Ribadavia

A Feira do Viño de Ribadavia, que se terá lugar entre o 1 e o 4 de maio e que será presentada hoxe, chega nun momento especialmente doce para os viños da Denominación de Orixe, que presentan un palmarés realmente impresinoante, atesorado ao longo de 2024 e mesmo do que vai de ano.

Dende que comezou o 2025 os viños Ribeiro suman xa 50 medallas obtidas en catro dos concursos máis prestixiosos: Mundus Vini en Alemaña, Challenge du Vin en Francia e os certames nacionais Bacchus e VinEspaña.

Estes recoñecementos reflicten non só a excelencia dos viños do Ribeiro, senón tamén o compromiso das adegas e dos viticultores coa tradición, a innovación e a identidade do noso territorio. Os viños, recoñecidos pola súa capacidade para transmitir a esencia dun viñedo centenario, destacaron nos escenarios internacionais, onde a D.O. Ribeiro se ergue como a denominación galega máis premiada en competicións como o Challenge du Vin ou o Bacchus, confirmando a súa posición de líder en calidade e evolución continua.

Unha reputación que se mantén no 2025, pero que tamén quedo reflectida con claridade os numerosos galardóns colleitados no 2024. Na edición do Concurso Internacional Bacchus en Madrid, a D.O. Ribeiro recibiu 18 galardóns, demostrando o seu innegable prestixio. No Challenge du Vin 2024, os viños do Ribeiro foron aclamados con 5 medallas de ouro e 2 de prata, mentres que en VinEspaña obtiveron 3 grandes ouro, 11 ouro e 4 prata. A nivel internacional, no Decanter World Wine Awards 2024, o Ribeiro recolleu un total de 36 recoñecementos, e nos Premios Baco foi a denominación máis premiada co total de 39 medallas. Ademais, no concurso internacional Mundus Vini 2024, a D.O. Ribeiro destacou obtendo 2 oros e 3 platas, reafirmando a súa presenza e a súa competitividade nos principais escenarios vitivinícolas mundiais.

Esta sólida e renovada presenza en concursos de altísimo nivel demostra que o viño do Ribeiro segue senón mellor, e que cada novo ano reafirma o seu compromiso coa calidade e a autenticidade que caracterizan unha tradición de máis de dous mil anos. Así, a Feira do Viño do Ribeiro deste ano non só será unha mostra dos viños que triunfan en todos os continentes, senón tamén unha celebración das raíces e da paixón que contén cada botella de viño desta emblemática rexión.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad