O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, recibiu esta mañá a Fátima María Malingre e José Manuel Vázquez, presidenta e vicepresidente da Coral de Ruada. Esta histórica agrupación folclórica, con máis de 100 anos de traxectoria, é un símbolo da defensa da cultura musical galega.
Durante o encontro, Santos felicitou á Coral de Ruada polo Premio Otero Pedrayo e destacou a súa contribución cultural, levando o nome de Ourense por todo o mundo. Ademais, comprometeuse a visitar o seu local de ensaio.
A Coral agradeceu a recepción e expresou o seu desexo de retomar a colaboración coa Subdelegación, á que Santos respondeu positivamente, prevendo recuperala en marzo, coincidindo co Día da Muller. Tamén se acordou establecer unha canle directa de comunicación para informar a Coral das axudas dispoñibles.