O Inorde facilita a peregrinación desde Ourense pola Vía da Prata en Semana Santa

Vía da Plata
Vía da Plata

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, pon de novo en marcha a súa iniciativa para impulsar o itinerario xacobeo Camiño Mozárabe-Vía da Prata para continuar a potenciar o incremento de peregrinos que actualmente vén rexistrando este Camiño Xacobeo.

Esta proposta, consistente en trasladar aos peregrinos en autobús a cada inicio de etapa, con regreso a Ourense ao rematar cada unha delas e co acompañamento dun guía especializado, foi posta en marcha o pasado ano con grande éxito, tal e como explica o presidente provincial, Luis Menor, «co obxectivo de achegar o Camiño Mozárabe dun xeito cómodo, doado e asequible para todas as persoas que desexen acadar a Compostela».

 Así, do 15 ao 19 de abril, ambos incluídos, os peregrinos teñen a posibilidade de realizar este itinerario xacobeo en cinco etapas de aproximadamente 20 quilómetros. Deste modo, ponse en marcha un servizo de transporte para que realicen o Camiño durante a Semana Santa, coa facilidade de que este autobús os levará ao punto de inicio da etapa e os recollerá ao remate para volver a traelos a Ourense. Disporán de tempo suficiente para desfrutar dos diferentes puntos de interese en cada etapa e coa garantía de obter a «Compostela» ao finalizar o itinerario.

Cinco etapas

Así, o primeiro día, o martes santo, 15 de abril, realizarán a etapa Ourense – Cea (21 km) que inclúe unha visita a Oseira. Ao día seguinte, mércores santo 16 de abril, será o traxecto Cea-Dozón- Puxallos, un percorrido de aproximadamente 22 km. A terceira etapa será o xoves santo, 17 de abril e levará aos peregrinos desde Puxallos a Silleda (22km); no cuarto día, o venres santo 18 de abril, terá lugar a cuarta etapa que vai de Silleda a Vedra-Susana, sendo un percorrido de 23 ou de 30 km (os peregrinos poderán elexir a etapa longa ou curta). E, por último, o sábado santo, 19 de abril, peregrinarán a quinta etapa de Susana a Santiago de Compostela, o tramo máis curto, de 10 km aproximadamente.

Ademais, contarán ao longo desta experiencia cun autobús de apoio a media etapa e cun guía especializado que lles axudará a descubrir o patrimonio cultural e natural da provincia a través deste camiño. Os interesados en realizar o Camiño xa poden inscribirse a través da páxina web www.conocegalicia.es por un prezo de 49 euros. Tamén poden informarse no número de teléfono 988 253 359.

Mantense tamén a posibilidade de realizar a inscrición por etapas, por un prezo de 15 euros. En todo caso, as inscricións están abertas para que a xente poida organizarse e anotarse con tempo segundo a súa dispoñibilidade.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad