O Concello de Ourense ofrece ioga termal todos os martes do verán

O Concello de Ourense ofrece ioga termal na Burga de Canedo – Outariz durante todos os martes do verán.

Esta actividade gratuíta, posta en marcha pola Concellería de Turismo e Termalismo, terá dúas sesións diarias: de 11:00 a 12:00 horas e de 20:00 a 21:00 horas. O rexistro e información poderase facer no seguinte teléfono: 693642837.

“Comezamos este martes 05 de xullo cunha actividade que facíamos de xeito puntual e que sempre gozou de gran aceptación, polo que a prolongamos durante todos os martes dos meses de xullo, agosto e setembro, coa fin de valorizar un espazo termal tan emblemático cunha actividade axeitada e saudable”, explica a concelleira de Turismo e Termalismo, Flora Moure.

Método Wellness. As sesións utilizarán o “Método Wellness”, desenvolvido especificamente para espazos termais. Formúlase a partir dunha mestura entre técnicas de ioga e termalismo, que crea unha sinerxía de beneficios para as persoas usuarias. Está enfocado como unha actividade realizada en grupo cuxo obxectivo principal é aumentar o benestar integral como garantía de calidade de vida.

A actividade consiste en mobilizar o corpo e estirar os músculos para eliminar tensións, mellorar a flexibilidade e conseguir que todo o corpo se atope mellor de xeito instantáneo, grazas tamén aos beneficiosos efectos das augas termais en articulacións, osos, músculos e pel. O Método tamén inclúe exercicios de respiración que amplían a capacidade pulmonar mellorando a osixenación. Finalmente, desenvólvense técnicas de concentración e relaxación para calmar a actividade mental, combater o estrés, equilibrar o sistema nervioso e crear un espazo de paz interior.

Ioga Termal en Ourense

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad