O BNG pide explicacións na Deputación polo atraso de máis dun mes na presentación da carteleira e dos abonos do Teatro Principal

Teatro Principal en la rúa da Paz un día de lluvia
Teatro Principal de Ourense

O grupo provincial do BNG traslada á Deputación de Ourense a falta de planificación do teatro principal para o 2025, e demandan explicacións á presidencia polos atrasos na xestión das obras, dos prezos, dos abonos e das posibles consecuencias por un feito que xera inestabilidade.

A programación do Teatro Principal caracterizada pola súa regularidade viuse alterada por atrancos que até o día de hoxe aínda non se atopan subsanados, sinalaba Xose Manuel Puga, en referencia a venda de abonos que aínda non saíron á venda até o día 20 de xaneiro.

A data de posta a venda do abonos semestrais comunicábanse en novembro, antes da presentación da programación do primeiro semestre do ano e que cadraba en decembro, podendo adquirir estes abonos antes de rematar o ano. Porén desta volta os abonos semestrais non se puxeron á venda até o día de onte e xa se representaron dúas prezas teatrais no Principal. Para a organización nacionalista aínda cabe preguntar por que non todos os que suscribiron a tempada anterior non foron notificados dos novos prazos.

 Desde o BNG tamén demandamos coñecer, afirma Puga,  se a presentación irregular da programación  pode supor un risco para a chegada de obras e axudas concedidas por outras administracións, que empregan a regularidade como elemento para seleccionar espazos escénicos e que poidan acceder á axudas.

Ao logo deste mes foron aparecendo as obras, que completarían o catálogo de obras até xuño, e aínda despois os prezos de ditas obras, o que  amosa un importante  grado de improvisación.

Unha improvisación que preocupa por se se vai estender no tempo e se a situación pode mesmo repetirse na segunda parte do exercicio e que a presentación da carteleira en vez de presentarse despois das vacacións de verán volte ter un retraso de máis dun mes como aconteceu desta volta. 

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad