Luis Menor eloxia aos galegos premiados coas Medallas ao Mérito Deportivo como referentes para as novas xeracións

Teatro Principal en la rúa da Paz un día de lluvia
Teatro Principal de Ourense

O presidente provincial, Luis Menor, participou esta tarde no acto de entrega das Medallas ao Mérito Deportivo que a Xunta entregou a 99 deportistas e entidades de toda Galicia, no Teatro Principal de Ourense, coa presenza do presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo. Menor felicitou aos premiados polo seu rendemento profesional e destacou os valores que promoven como a disciplina, traballo en equipo e espírito de superación dos recoñecidos, aos que sinalou como » gran exemplo» para novas xeracións.

O presidente da Deputación felicitou tamén ao goberno autonómico por estas distincións que premian o esforzo de deportistas individuais e colectivos que son referentes na sociedade. Neste sentido, Luis Menor fixo mención á vintena de medallas que se outorgan a deportistas individuais ourensás -unha delas, a título póstumo, para Constantino Prieto, o impulsor da construción do estado de O Couto-.

Galardoados ourensáns

Os galardoados ourensáns, de diversas disciplinas (fútbol, baloncesto, hockey, voley, natación, ximnasia, piragüismo e rugby), son os seguintes: Alejandro Fernández Rivera, Támara Echegoyen Domínguez, Luis Rodríguez Vaz, José María ‘Chema’ Royo Sanz, David Monreal Izquierdo, José Antonio ‘Sony’ Vázquez Vázquez, Carlos Rodríguez Diéguez, Vicente Álvarez Núñez, Alfonso Vilachá Rodríguez, Adolfo ‘Fito’ López Arribas, Marisa Acevedo Rego, José Luis ‘Victoria’ Gómez Álvarez, Beatriz Valcarce Arias, Daniel Pérez Morales, Miguel Ángel ‘Fosi’ Álvarez Vázquez, Plácido Díaz Fernández, Olalla Piñeiro Mosquera, Rebeca Piñeiro Mosquera, e Paula Carballido Romero.

Luis Menor tamén se referiu ás dúas medallas que a Xunta outorga á xeración do 67 e 68 do Club Deportivo Ourense, tempada na que o equipo ourensán se impuxo nos trinta partidos disputados a todos os seus rivais.

Tamén felicitou aos organizadores da Milla Urbana do Barco, a terceira máis antiga de España.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad