A obra de teatro «Fariña» estará o 22 e o 23 de abril no Auditorio de Ourense

Fariña

Fariña chega esta semana a Ourense con Xosé A. Touriñán, Sergio Zearreta, César Goldi, Melania Cruz e Borja Fernández. O Auditorio Municipal acollerá a representación da obra dirixida por Tito Asorey os días 22 e 23 de abril ás 20:00 e 21:00 horas, respectivamente.
Ao longo da hora e media que dura, Fariña non deixa que o espectador se acomode na butaca. Unha montaxe de gran formato que acumula case 200 funcións e máis de 60.000 espectadores por toda España e que recibiu ademais o respaldo da crítica. Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da nosa historia, desde un punto de vista único. A música,
o humor, a tradición e o respecto aos feitos acontecidos mestúranse nesta viaxe no tempo que incita á reflexión do espectador ao saír do teatro.

Fariña iniciou a súa viaxe no ano 2019, acadando a cifra de case 20.000 espectadores en Galicia. A irrupción da Covid19 paralizou a xira, que se retomou en Madrid en setembro do 2020, formando parte da programación das Naves del Español de Matadero Madrid e permanecendo logo en cartel do Teatro Alcázar case seis meses.

En agosto de 2021, Fariña iniciou unha nova etapa no Teatro Jovellanos de Xixón. O espectáculo percorreu gran parte da xeografía española con representacións na Comunidade de Madrid, Navarra, País Vasco, Cataluña, Andalucía ou Castela e León. O pasado xaneiro, o espectáculo participou no primeiro acto do Festival de Teatro de Málaga, que celebra este ano a súa 39ª edición.

Neste 2022, Fariña comezou en Santiago de Compostela unha nova xira por Galicia que percorrerá as principais vilas e cidades galegas. Vigo, Ferrol e Cangas son as próximas paradas confirmadas desta segunda xira que xa acumula 10.000 espectadores. As entradas e os horarios están dispoñibles en farina.gal e na web de Ataquilla.

Fariña é unha produción de Ainé escrita por José L. Prieto sobre o texto de Nacho Carretero. Dirixida por Tito Asorey, conta coa escenografía de José Faro, ‘Coti’ e o deseño de iluminación de Laura Iturralde.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad