Cortes de tráfico en Ourense polo San Martiño este domingo pola mañá

Carrera de San Martiño
Carrera de San Martiño

A carreira popular do San Martiño requirirá pechar ao tráfico pasado mañá, domingo, 10 de novembro, numerosas rúas das cidade. O dispositivo deseñado pola Policía Local do Concello de Ourense prevé que os primeiros cortes se produzan ás 5.00 horas, nas rúas Pardo de Cela, a Ponte do Milenio e a Glorieta Nexus (cos seus accesos). Ás 10.00 horas levarase a cabo o segundo corte, que afectará a todo o circuíto e se manterá até o remate da proba

Itinerarios e horarios

11.00 horas. Saída da carreira absoluta: Ponte do Milenio, Xesús Pousa, Praza da Estación, avenida de Marín, Ponte Nova, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior, Bispo Carrascosa, Colón, Padre Feijoo, Lugo, Fernández Oxea, Galicia, Ramón Puga, Nosa señora da Saínza, avenida de Zamora, avenida de Zamora (sentido contrario), Progreso, Marcelo Macías, Avenida de Portugal, Vila Real, Ensino, Goya, Jesús Soria, Ervedelo, Doutor Fleming, Tras Alameda, Progreso. Meta na Praza de Concepción Arenal

12.15 horas. Saída da carreira Sub18, Sub16, Sub14. Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, avda. Santiago, Vicente Risco, Ponte Nova, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior, Bispo Carrascosa, Colón, Padre Feijoo, Lugo, Progreso, Meta na Praza de Concepción Arenal.

12.45 horas. Saída Sub12. Ponte do Milenio, Glorieta Basilio Álvarez-Xesús Pousa, Ponte do Milenio.

13:00 horas. Saída Sub10. Ponte do Milenio, Glorieta Basilio Álvarez-Xesús Pousa, Ponte do Milenio.

13:15 horas. Saída Inclusiva. Ponte do Milenio, Glorieta Basilio Álvarez-Xesús Pousa, Ponte do Milenio.

Avisos importantes:

  • Para as persas usuarias da estación intermodal: desde o corte total do tráfico, só poderán acceder desde a rúa Eulogio Gómez Franqueira ata a rúa San Paio (quen proceda da Ponte Novísima, N-120 ou Río Arnoia)
  • Desde o centro da cidade non se poderá acceder á estación desde a Ponte do Milenio nin desde a Ponte Nova

Accesos á estación intermodal

    1. Zona A Ponte: Río Arnoia- Eulogio Gómez Franqueira- acceso á estación ata o cruzamento coa rúa San Paio.

  1. Zona centro – leste (San Francisco): Alfonso Rodríguez Castelao por N-120 cara a Ponte do Ribeiriño e acceso por Gómez Franqueira ou pola Ponte Salto de Velle, Alfredo Brañas, Peliquín, Río Arnoia, Gómez Franqueira.
  2. Zona centro-oeste (O Couto e A Carballeira). Por aquelas vías de tránsito posibles tanto por Marcelo Macías, como parcialmente por Ervedelo cara á N-525 (Ponte do Ribeiriño).
  3. Zona Sur: segundo a situación e cortes previstos, ben pola N-525 ou accedendo á zona centro-oeste
  • Non se poderá acceder pola Ponte Nova nin pola Avenida de Marín e Xesús Pousa

Accesos previstos ao Hospital

  1. Zona centro: Rodríguez Castelao – Celso Emilio Ferreiro-Emilia Pardo Bazán.
  2. Zona O Couto: Durante a primeira carreira, pola N-120 Monforte (avenida Ribeira Sacra), Pablo Iglesias, Alfonso Failde Gago; en calquera das dúas opcións seguidamente por Rodríguez Castelao, Celso Emilio Ferreiro, Pardo Bazán. Nas seguintes carreiras, tamén por Marcelo Macías, A Coruña, Galicia e Ramón Puga.
  3. Zona A Ponte: Itinerario da zona do Couto ou Ponte do Salto de Velle-  Alfonso Rodríguez Castelao.
  4. Zona A Carballeira. Na primeira carreira: Marcelo Macías, N-525, rúa da Azucena, N-525, Polígono de San Cibrao, rúa Seixalbo, rúa Cumial (OU-105), Glorieta OU105/OU510, acceso á circunvalación leste, estrada de Rairo, Ramón Puga. No resto de carreiras, Marcelo Macías, A Coruña, Galicia, Ramón Puga

Recomendacións:

A Policía Local solicita que as persoas condutoras traten de evitar circular ou acceder ao circuíto intres antes dos horarios previstos nos cortes de tráfico e que, en caso de necesidade, traten de facelo por itinerarios alternativos que deben ter previstos antes do evento. Entre eles destacan:

– Ponte da Presa de Vella, Oira, Ponte do Ribeiriño para cruzar o río para a zona centro-norte

– O Polvorín, Manuel Murguía, A Farixa para a zona sur-oeste.

– Barrio de San Francisco e parcialmente Nª Sra. da Saínza para a zona leste.

En todo caso é importante lembrar que non se poderá acceder ás arterias principais da cidade: O Progreso, avenida de Zamora, Curros Enríquez, A Habana (parcialmente), avenida de Marín, Vicente Risco ou As Caldas.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad