Ribadavia presenta un plan para revitalizar o comercio e potenciar a economía local

Rúa Ribeiro en Ribadavia
Rúa Ribeiro en Ribadavia

Despois de éxito da campaña de Nadal en Ribadavia, así como do mercado Saber e Sabor, que tivo lugar a principios de decembro do pasado ano, o Concello de Ribadavia redobra a súa aposta pola dinamización do comercio e da economia local.  Así que agora faino cun programa propio, municipal, que abunda na mesma liña e busca o mesmo obxectivo: a reactivación da actividade e do tecido comercial da vila, en particular no casco histórico, alugando locais baleiros e sen uso para adicalos a comercios.

Este programa municipal arranca cun concurso público, que se pon en marcha hoxe mesmo, para que os propietarios que dispoñan de locais sen actividade podan ofrecerllos ao Concello, a cambio dun aluguer, para adicalos a establecementos  comerciais.

O obxectivo principal deste programa é fomentar a revitalización da zona antiga da vila, facilitando a posta en marcha de novos negocios e espazos de actividade que contribúan ao atractivo turístico e comercial da localidade. Poderán participar nesta convocatoria os propietarios de baixos comerciais sen actividade situados na área delimitada polo proxecto, que esencialmente é o casco histórico e, en algúns casos, tamén as rúas anexas se cumpren unha serie de requisitos.

Modalidades de uso dos locais

Os interesados poderán optar por distintas modalidades de uso dos seus locais, segundo as características dos espazos dispoñibles:

  • Local comercial: destinado á venda de produtos e servizos.
  • Local activo: pensado para actividades como obradoiros, demostracións ou cursos.
  • Escaparate comercial: espazos para exhibición de produtos ou información sobre servizos.

Os locais seleccionados serán valorados en base á súa ubicación, estado de conservación, superficie, adaptabilidade ao uso previsto e capacidade de atracción de público.

Presentación de solicitudes

Os propietarios interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o mércores 19 de febreiro ás 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello de Ribadavia ou a través da súa sede electrónica. Para máis información, poden contactar co Concello chamando ao teléfono 988 477 100, de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30.

Con este programa, o Concello de Ribadavia reafirma o seu compromiso coa recuperación do património histórico e co impulso da actividade económica local, convertendo os espazos en desuso en puntos de dinamización social e comercial.

A iniciativa xurde precisamente a raíz da exitosa experiencia levada a cabo a finais de novembro do ano pasado, en aquel momento no marco dunha iniciativa da Xunta de Galicia, o mercado “Artesanía. Saber e Sabor.” Para aquel evento, que se desenrolou entre o 6 e o 8 de decembro, mobilizáronse 6 locais, entre privados e municipais, esperando que agora se supere amplamente este número de locais alugados a través deste concurso.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad