Situada no número 24 da Rúa Colón, non hai ourensán ou ourensana que se precie, que non se parara nalguna ocasión a rememorar a súa infancia a través do escaparate da Bufarda. Os xogos de sempre, as personaxes animadas de toda a vida, comparten protagonismo cos xoguetes de madeira que todo neno ansía ter entre as súas mans.
Canicas, combas, tabas, títeres, disfraces, xogos de mesa, marionetas… son alguns dos productos que teñen cabida na Bufarda, o buratiño da nosa cidade ó que asomarnos cando buscamos ofrecer ós nosos fillos e fillas momentos de xogo e aprendizaxe que formaron parte da nosa infancia.
Ó timón de este senlleiro negocio ourensán atopamos a Carlos Rodríguez, unha persoa que contaxia a paixón polo seu traballo nada máis entrar no seu negocio. Coñecemos de preto os seus inicios e a súa filosofía de negocio.
A Bufarda pode presumir de ser un dos negocios máis lonxevos da nosa cidade ¿Como xurde a idea de abrir a Bufarda?
Eu non montaba una xoguetería, eu dedicábame ó mundo do espectáculo e do teatro; son diseñador de moda e facía confección e escaparates. Eu montaba un punto de venta do meu. Tamén fixen maxisterio, erra a única carrera universitaria que naquel momento os meus pais me podían pagar aquí en Ourense. A través de contactor de maxisterio comenzaron a solicitarme material didáctivo, cousiñas diferentes; ahí foi donde se fraguou este cambio. De vestiarios e escaparates pasei a xoguetes de madeira, cambiando radicalmente a miña idea de negocio.
¿Por qué A Bufarda?
Todo empeza porque somos moi aficionados ó Entroido e nos traballábamos nunha bufarda na rúa Cabeza de Manzaneda. Como se orixinou: foi Nati Borrajo, actriz de Sarabela e lingüista, foi ela a que me axudou un pouco co nome da tenda. Foi inspirada no outro local donde tiñamos mais ladrillo, e neste decidimos traballar máis a pedra para darlle ese aspecto típico de bufarda.
A túa idea de negocio como nos explicas, evolucionou dende os teus comezos; ¿Sucede o mesmo cos teus clientes, cambiaron ó longo dos anos?
Sí, o noso cliente é un cliente que busca máis o xoguete de madeira, un mercado que cando eu abrín estaba pechado. Dende que pechara Puzzle, que era a mítica tenda de xoguete de madeira, non volvera a haber nada parecido. O cliente solicitábame ese producto e fun enfilando por ese derroteiro, e foime ben; de feito levamos xa 16 anos na rúa.
O teu punto diferenciador polo tanto é o producto que ofreces
Eso e a forma de vender. O noso, é todo producto de importación, traballamos moita marioneta, pola nosa relación co mundo do espectáculo, temos moito contacontos, moita actividade sociacultura, moito colexio; traballamos tamén as marionetas para signar, que están indicadas para aprender a linguaxe de signos, que son moi demandadas a nivel nacional.
Antes de facer a venta falamos co cliente, qué é o que busca, para que idade está buscando, deixamos que manipule o xoguete que o probe para que sepa se é o que realmente busca ou necesita. Eu quero que o cliente se vaia satisfeito, porque esa é a clave para que volva.
Fundamentalmente remamos a prol da concienciación social de traballar o xoguete axeitado a cada idade e que sexa didáctico, básicamente.
¿Qué che parece a dixitalización cada vez maior que se fai do xogo ou do xoguete?
Nos traballamos a inversa, os xogos que ti podes ver por internet, nos témolo en físico. Unha liña de xogos que son moi coñecidos para xogar na tablete pero nos témolos en físico. Polo formato que teñen son ideales para telos na casa, pero tamén para levar no peto en calquer viaxe ou saída.
Os cidadáns ourensáns mercan xoguetes todo o ano ou nas datas máis sinaladas?
A ver, nos temos movemento todo o ano, claro está que o Nadal é unha época máis forte. Traballar co que nos chamamos xoguete «nostálxico»: os trompos, as canicas, a goma, a comba, as tabas axúdanos a chegar ó cliente en calquer momento do ano. Estes días por exemplo están saíndo un montón de canicas e combas.
O turista tamén é un cliente moi bo para nos, Ourense é cidade de emigrantes, moitos deles cando veñen nos meses de verán marchan coa compra feita na Bufarda pensando no Nadal, finais de agosto por exemplo é unha época no que pasa esto.
¿Lembras cal foi o primer xoguete que vendiches?
Pois imaxino que sería algún móvil para bebés, dos que se colocan no teito, porque son dos primeiros xoguetes que traballamos dende o principio; quizás un caleidoscopio. O principio eran ventas de cousiñas moi pequenas, agora movese mais o xoguete de madeira mais grande.
¿Cal consideras que é o xoguete que todo neno debe ter?
Calquer xogo de mesa que poda compartir cos pais. O neno o que quere é que lle dediquen tempo, para nada vale que lle regales o xoguete máis tecnolóxico se non vas a dedicarlle tempo en familia.
¿O teu xoguete favorito cando eras pequeno?
Xoguetes había poucos, na miña época xogábamos na rúa coas chapas, coas tabas, coas combas; coido que éramos máis creativos, cun pau podíamos facer mil cousas. É un poco o que eu defendo na Bufarda, non fai falla que lle leven a espada láser último modelo. Dalle un pau e a súa imaxinación levarao a convertilo en espada, en cabalo ou mesmo nunha variña máxica. Ó final o xoguete ou o obxeto mais sinxelo pode ser o mellor regalo para os nenos.
¿ É Internet un aliado ou competencia para A Bufarda?
Pois non sabería decirche, o xeito e vender aquí é un xeito, como che decía, donde te enseñamos a xogar, mostramos o xogos. Con Internet é un comercio moi frío e non me funciona. Funcióname con clientes que xa estiveron na tenda, que manipularon o xoguete e contacta polas redes sociais preguntando por algo parecido, ahí si me funciona.
Dende Ourense.com queremos agradecer a Carlos a acollida que nos brindou na súa Bufarda, un negocio que xa pertence, por tradición a tódolos veciños da cidade. Que sexa así por moitos anos.
A Bufarda
Dirección: Rúa Colón, 24, 32005 Ourense
Facebook: https://www.facebook.com/abufarda24