O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova fai pública a lista que figurará no memorial aos asasinados entre 1936 e 1943 e mortos na Prisión Central de Celanova, que foron enterrados no cemiterio de San Breixo.
A orde cronolóxica por data de soterramento é a seguinte:
1936
- 1. Emilio Fuentes Canal
- 2. Manuel Fuentes Canal
1938
- 3. Benito Bello Fernández
- 4. Fernando Rodríguez Rodríguez
- 5. Juan Bueno Sordo
- 6. Gaspar Fernández Pérez
- 7. Eladio Menéndez García
- 8. Agustín Cuervo Carrión
- 9. Vicente Méndez Fernández
- 10. Plácido Rosal Valdés
- 11. Enrique Rodríguez Castaño
- 12. Ángel Santos González
- 13. Manuel Faría
- 14. Ventura Fernández García
- 15. Mariano Panizo Fernández
- 16. José Gómez De la Rocha
1939
- 17. Clemente Abenia Escudero
- 18. Francisco Solano Lorenzo Ayllón
- 19. Vicente Álvarez García (Toledo)
- 20. Manuel Espina Espina
- 21. Honorio López García
- 22. José Álvarez Bardasquera
- 23. Cándido Alonso Escudero
- 24. Plácido Álvarez Pacheco
- 25. Abelardo Suárez del Busto
- 26. Alfonso Moreno Gayol
- 27. Baldomero Vigil-Escalera Vallejo
- 28. Belarmino Álvarez García
- 29. Guillermo de Diego Álvarez
- 30. Marcelino Fernández García
- 31. Mariano Blanco González
- 32. Domingo Mantilla González
- 33. Enrique Menéndez Zapico
1940
- 34. Felipe Fernández Álvarez
- 35. Luis González González
- 36. Samuel Pico Méndez
- 37. Lino Álvarez González
- 38. Ricardo Alegre Serrano
- 39. Emilio Casielles Álvarez
- 40. Juan Solís Fernández
- 41. Amador Mata Mata
- 42. Bautista García Buelga
- 43. Julián Antón Parrondo
- 44. Andrés García Olivares
- 45. Victoriano Fernández Moreno
1941
- 46. Constantino Díaz Tuya
- 47. Domingo Cervera Valverde
- 48. José Suárez Blanco
- 49. Luis Álvarez Prendes
- 50. David Sierra Feito
- 51. Máximo Ruiz Sánchez
- 52. Gerardo Tovar Gris
- 53. Vicente Álvarez García (Oviedo)
- 54. Francisco Quesada Ruiz
- 55. Francisco Fernández Llaneza
- 56. Francisco Enterría Niembro
- 57. Enrique Senra Fernández
- 58. Jesús Busto Alonso
- 59. José Rosales Frías
- 60. Joaquín García Fernández
- 61. Ramón Fuentes Gámez
- 62. Telesforo García Garrido
- 63. Aniceto Tascón Tascón
- 64. Robustiano Zuazua Menéndez
- 65. Gabriel López Gómez
- 66. Constantino Tuero Amandi
- 67. Rafael Morales Gordo
- 68. Francisco Soto Sánchez
- 69. Victoriano López García
1942
- 70. Ramón Perna Vallarín
- 71. Juan Caso Menéndez
- 72. José Solana Ferraz
- 73. Faustino González Hevia
- 74. Jacinto Resino Crespo
- 75. Fernando González González
- 76. José Tuñón Díaz
- 77. Andrés Blanco Poyuelo
- 78. Anastasio Blas González
- 79. Nicasio Vázquez Zurita
- 80. Pedro Jado Bermejo
- 81. Donato Tejido López
- 82. Ildelfonso Martínez Jiménez
- 83. Edilberto Benito Venegas
1943
- 84. Francisco Moreno Medina
- 85. Hermenegildo Crespo Velasco
- 86. Cástor Martín Delgado
- 87. Julián De Diego Ortego
- 88. Ramón Yáñez Pereira
- 89. Manuel Gregorio Nieto Morales
- 90. Juan Masa Chamorro
Estes son os nomes que figurarán na placa do memorial, que, unha vez que se obtiveron todos os permisos necesarios, instalarase no xardín onde se interveu na fosa dos asturianos
A lista de referencia foi a elaborada polo profesor Domingo Rodríguez Teijeiro (Universidade de Vigo) e publicada en 1999 no seu ensaio Longa noite de pedra no Mosteiro de San Salvador: represión e reclusión en Celanova (1936-1943).
O traballo do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova consistiu nunha revisión, un por un, dos expedientes carcerarios e outra documentación da Prisión Central, así como causas e outra documentación achegada polas familias que se localizaron. Ademais, incorporáronse 4 nomes máis (e excluíuse un) trala revisión do material en arquivos, e engadíronse ademais dúas vítimas de paseos en Celanova no 36 e o guerrilleiro asasinado na Caseta en Ansemil no 43.
O memorial, deseño do artista plástico Baldomero Moreiras, en ferro e aceiro, e que se erguera sobre un lápida o pequeno xardín da parte vella do camposanto que se conserva intacta desde aqueles anos, foi financiado polo Plan Estatal de Fosas 2021-2024, coordinado en Galiza polo Grupo Histagra da USC.
Nos próximos días coñecerase a data para a inauguración do memorial. O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova espera que poidan acudir membros das doce familias que xa foron localizadas (apenas o 13% das familias) e realizou xestións diante da Dirección General de Memoria Democrática dE Goberno Asturias para que envíe aos actos unha representación desta Administración, que colaborou moi activamente para o éxito dos actos de setembro de 2021 e xuño de 2023, enviando representación a Celanova, e que permitiron a localización das primeiras familias das vítimas da fosa.
Tamén, o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova visitou a finais de xaneiro en Asturias a familiares de presos e realizou xestións para que a familia Vigil-Escalera poida recibir nas próximas semanas os restos de Baldomero Vigil-Escalera Vallejo, identificados tras a intervención na fosa e o contraste das probas de ADN. A familia mostrou a súa vontade de que o acto se realice en Xixón e, na medida do posíbel, antes da inauguración en Celanova do memorial.