CCOO faise eco do malestar dos usuarios do bus urbano de Ourense

Autobús Urbano de Ourense en Juan XXIII
Autobús Urbano de Ourense en Juan XXIII

Nota de prensa de CCOO

Os condutores son a diana das queixas dos usuarios deste Servizo ao ser a única referencia presente en cada autobús. Queixas que se reiteran a diario e a maioría con motivos xustificados pero dos que os traballadores e traballadoras son os únicos no escenario do transporte urbano da capital que non teñen responsabilidade algunha. 

CCOO sindicato maioritario na concesionaria quere facer unha reflexión sobre o que está a pasar e saír en defensa dos condutores /as e de todo o persoal do Servizo. Os vehículos recentemente incorporados, en xeral teñen menos prazas, 80 prazas nos Novos Scania e os Isuzu 57 prazas, contra as 98 prazas dos veteranos Mercedes Benz. 

Así mesmo os vehículos antigos albergan espazo para dúas cadeiras de rodas mentres que os novos só unha praza . Os espazos dos corredores tamén ven reducidos nos vehículos de nova incorporación, os novos Scania teñen un corredor de 64 cms.e os novos Isuzu apenas contan con 60 cms. e 48 cms na primeira fila de asentos. Contra os antigos Citaro que contaban con 98 cms., sendo mais de 30 cms. Esa diferenza entorpece moito a mobilidade no interior do autobús. A distribución dos asentos tamén xera queixas pola dificultade de acceso xa que hai varios niveis e escaleiras no propio chan do autobús. As ramplas de acceso para cadeiras de rodas constan de tres tramos despregables sendo un deles, o que conecta directamente coa plataforma do autobús, de tal inclinación que fai moi difícil a súa remonte para calquera persoa que pretenda acceder en cadeira. 

Esta situación a xuízo de CCOO empeorará drásticamente cando o Concello incorpore definitivamente os 15 autobuses Isuzu en substitución dos actuais e envellecidos , pero paradoxalmente máis cómodos e amplos. 

As liñas , implantadas e calculadas hai máis de 30 anos e os novos lìmites de velocidade, fan que resulte imposible para os condutores e conjductoras cumprir coas frecuencias establecidas, as quendas de traballo seguen desenvolvéndose sen ningún tipo de pausa ou descanso. Seguen sen ter baños habilitados nas cabeceiras de liña. Todo isto unido ao caótico modelo de cidade dominado durante décadas polos intereses urbanísticos e reflectido no tráfico diario,  fan que as condicións de traballo vólvanse estresantes co consecuente risco na saúde do persoal e a seguridade dos usuarios.

 Desde CCOO lembramos que Ourense é a provincia con poboación máis envellecida de España, dato no que recentemente superamos a Zamora. Éste é o patrón do usuario habitual do bus urbano: persoa maior cos seus problemas de mobilidade, cos seus tempos e coas súas carencias.

 A compra da nova frota de autobuses a xuízo de CCOO foi compulsiva, carente de calquera tipo de estudo previo. As consecuencias estamos a empezalas a sufrir. A Empresa Concesionaria vese obrigada a utilizar os vehículos que adquire o Concello, a tratar de manexar o mapa de frecuencias obsoletas de hai máis de 30 anos e os condutores e conductoras son o branco das queixas da cidadanía por ser a persoa que está a bordo con uniforme do servizo aínda que totalmente inocente. 

Desde CCOO pedimos coherencia aos responsables políticos , que dunha vez licítese a nova concesión, que ao mesmo tempo se aproveite para reestruturar o Servizo e adaptalo á realidade actual da cidade, a ás necesidades e características da cidadanía e que as medidas se tomen en base a estudos técnicos profesionais e non por impulsos.

Instamos aos colectivos de usuarios a presentar as queixas ante os verdadeiros responsables e defendemos a profesionalidade dos traballadores e traballadoras que tratan de cumprir cos seus roteiros, con vehículos inapropiados, unhas veces por obsoletos e outras por incómodos e con prazas insuficientes. 

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Utilizamos nuestras Cookies y alguna de terceros para poder ofrecerte la mejor experiencia cuando visites Ourense.com. Si lo deseas, puedes informarte en nuestra web sobre cada una de las Cookies que usamos e incluso también eliminar aquellas que no sean esenciales. Para una mejor experiencia con nosotros te ofrecemos la posibilidad de activar o desactivar las cookies no imprescindibles en cualquier momento desde el menú correspondiente. Nuestra Política de Privacidad también está a tu servicio.    Más información
Privacidad