El Alcalde de Barbadás, el socialista Xosé Carlos Valcárcel Doval ha querido apelar a la responsabilidad de los vecinos para frenar el constante aumento de casos activos de coronavirus en el municipio. «ESTÁ NAS TÚAS MÁNS, ESTÁ NAS NOSAS MÁNS», con esta expresión, escrita además en mayúsculas se ha dirigido a sus vecinos para informar de las consecuencias que para la economía del Concello y de sus familias tendrá la situación actual.
Ha querido dejar patente, además, que la hostelería no es la responsable de esta situación, pero ellos serán junto con las familias que viven de estos negocios los más afectados. Por eso ha pedido a todos los vecinos que tomen conciencia de la gravedad del momento.
Con el fin de detectar los casos con la mayor agilidad posible, señala que es imprescindible que la población participe en los cribados.
A continuación reproducidos el texto íntegro de las palabras escritas por el regidor:
ESTÁ NAS TÚAS MÁNS, ESTÁ NAS NOSAS MÁNS
Estimad@ conveciñ@,Hai poucos días facía unhas reflexións sobre o proceso de vacinación, sobre a boa marcha do mesmo e solicitando que se cumpriran as recomendacións das autoridades sanitarias dada a evolución á alza de casos de COVID 19 no noso concello.
Por desgraza, cumpríronse as piores predicións e dende o próximo sábado Barbadás pasará de nivel medio a nivel alto. Este cambio terá consecuencias importantes en todos e todas nós a nivel particular, pero tamén traerá cambios a nivel laboral e económico de moitas persoas e de moitas empresas. De novo serán os establecementos de hostalaría os máis afectados e polo tanto tamén os seus traballores e traballoras, é decir, veciños e veciñas de Barbadás.
A hostalaría non é a responsable desta situación. A situación só pode mellorar e mudar de ciclo se toda a veciñanza, toma conciencia da gravidade do momento.
É certo que hai menos persoas que falecen, pero non é menos certo que cada vez hai máis persoas que quedan con secuelas importantes durante un longo período de tempo. Os Centro de Saúde e o seu persoal novamente comezan a estar saturados coas consecuencias que esto pode ter sobre a atención sanitaria de todos e todas nós.
Xa non se fala só de persoas maiores, estamos a falar de mozos e mozas que están inicando a súa vida como adult@s.
Nas nosas máns, nas máns de todos e de todas está a solución. Todos e todas temos que ter a suficiente sensibilidade e tamén a suficiente responsabilidade para actuar cumprindo coas nosas obrigas coa nosa veciñanza, coas persoas que están máis próximas a nós. Reitero que é da máxima importancia que todos e todas nós cumpramos as recomendacións sanitarias para voltar por fin á normalidade.
É fundamental detectar os casos COVID coa maior axilidade posible e para iso é imprescindible participar nas accións que se están realizando desde o SERGAS, como son os cribados da pobación.
Un cordial saúdo, O Alcalde.